O SonRías Baixas pecha o pano despois de tres días de emocionantes concertos
Por Redacción
A 19 edición do SonRías Baixas baixou o pano este sábado despúes de tres días incansables de concertos.
A traca final este ano puxérona as actuacións de La M.O.D.A e Tanxugueiras, que fixeron vibrar e gozar a todos os asistentes nun directo no que tamén houbo sorpresas.
Comezou a xornada ao medio día coa sesión vermut no recinto multiusos da estacada de Bueu da man de La Duendeneta, a discoteca móbil vintage comandada por Carlos Crespo, e Grande Amore. A presidenta da Deputación, Carmela Silva; a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias; e o alcalde de Bueu, Félix Juncal, acompañado de membros da corporación non llo quixeron perder.
Pola tarde chegou a quenda de Arnau Griso coa súa xira de despedida dos escenarios. O dúo formado por Arnau Blanch e Eric Griso ofreceu un concerto cheo de enerxía no que fixeron bailar e saltar ao público.
Iso só era a previa do que ocorrería despois, e é que a programación continuou con Balkan Paradise Orchestra e os seus sons variados a través de instrumentos de vento e percusión e de potentes coreografías.
E ás 22:00 horas chegou a quenda das Tanxugueiras, o trío do momento formado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, que se subiron ao escenario para facer gala das súas potentes voces e o seu compromiso con Galicia. Durante a actuación fixeron soar Midas, Figa ou Terra ademais de presentar o seu novo disco, Diluvio. Pero a emoción chegou cando recibiron o disco de ouro polo seu single 'Terra' diante dun público totalmente entregado.
A emoción de que @tanxugueiras reciba no #SonRíasBaixas2022 o disco de ouro polo seu single "Terra". Bueu é a vosa casa e vós, a nosa #SonRíasBaixas | @CalaveritaRcrds | @PlayPlan_ pic.twitter.com/6exWbQPtf6
— SonRías Baixas (@sonriasbaixas) August 7, 2022
A catalá Suu, La M.O.D.A. co seu último traballo discográfico Nuevo Cancionero Burgalés, Sara Hebe e o grupo Eskorzo foron os encargados de pechar esta última e tan especial edición do SonRías Baixas.
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas 2022 acadou a súa cifra récord de asistencia
Por Redacción |
-
La M.O.D.A. e Tanxugueiras, pratos fortes da última xornada do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
O Festival SonRías Baixas celebra a súa volta á normalidade
Por Redacción |
-
Volve o gran formato ao Sonrías Baixas con Tanxugueiras, Kase.O, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e La M.O.D.A.
Por Redacción |
-
Delaporte completa o cartel do festival SonRías Baixas 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Rías Baixas Fest, sete citas musicais obrigadas entre xuño e setembro na provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |