O Museo de Marín exporá creacións de Manuel Torres asociadas co Nadal
Por Redacción
O Museo Manuel Torres está a preparar unha exposición temática do pintor máis afamado do concello de Marín sobre as súas creacións asociadas co Nadal.
"A partir do 1 de decembro poderemos ver oito bocetos, algúns sobre papel branco e outros sobre papel de xornal, nos que Torres pintou motivos bíblicos relacionados co Nadal", explica a concelleira Itziar Álvarez.
Ademais, tamén se exporá un exemplar dun número especial do xornal El Pueblo, do ano 1943, que ten portada de Lugrís e no que Torres colaborou, desta vez usando as palabras, cun relato de Nadal.
O Ano Torres aínda seguirá conmemorándose no 2021, dado que moitas das actividades previstas para este ano non se puideron levar a cabo debido á situación sanitaria.
O propio 2020 terá un peche de ouro coa exposición ao público do cadro restaurado polo Concello, inédito até o momento, que Torres pintou durante a pandemia de 1918 e que supón unha reprodución da pintura "Los niños comiendo pasteles", de Murillo.
Relacionadas:
-
O Museo Torres funcionou no 2020 como o motor cultural de Marín
Por Redacción |
-
O Museo Torres de Marín acolle unha mostra das portas artísticas de María Sancho
Por Redacción |
-
O cadro que pintou Manuel Torres durante a pandemia de 1918 xa está no Museo
Por Redacción |
-
O Concello sorteará 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros para gastar nos comercios e locais de Marín
Por Redacción |
-
Marín pechará o ano sen débedas bancarias e con algo máis de 2,5 millóns de remanentes para gastos
Por Redacción |
-
Restauran un cadro pintado por Manuel Torres durante a pandemia de 1918
Por Redacción |
-
De cando Manuel Torres viviu a pandemia de gripe de 1918 e outras pílulas de cultura sobre o pintor
Por Redacción |
-
O ano 2020 terá nome propio en Marín: Manuel Torres
Por Redacción |