Malkeda, mellor banda de Pontevedra segundo un concurso do Local de Música
Por Redacción
Os pontevedreses Malkeda acaban de ser elixidos como a mellor banda da cidade no xogo da votación IEOMGDHDP (Imos escoller o mellor grupo da historia de Pontevedra) do Local de Música de Pontevedra.
O xogo naceu no convivio do Local celebrado en xaneiro. Entre as persoas presentes fíxose un listado de bandas 'míticas' da cidade e das máis recentes que poderían optar a este recoñecemento.
A parte das bandas que saíron dese listado, o Local fixo un traballo de investigación de grupos pioneiros na cidade e que foron incorporados ao xogo de votacións. As votacións fixéronse a través das redes sociais do Local nun proceso aberto de participación e Malkeda logrou a vitoria con 660 votos na gran final superando a Os Fervellasverzas, que lograron 327.
Co remate do estado de alarma, chega a 'nova normalidade' ao Local de Música de Pontevedra, que xestiona a Concellaría de Xuventude, e chega tamén o momento de facer balance da actividade do servizo durante estes meses.
Durante estes meses tivo que reinventarse mudando todo o proxecto ao mundo en liña, mentres as instalacións permaneceron pechadas. Agora, o Local abrirá as súas portas este venres adoptando as novas medidas de control sanitario.
Unha das propostas destes meses foi 'O Local Online', un proxecto formado por unha parte pública (redes sociais) e unha parte interna. Ao respecto da parte pública, as actividades propostas foron consellos de formación, softwares, historia da música da cidade, concertos míticos e o xogo para escoller a mellor banda.
Dentro deste proxecto, púxose en marcha unha serie de actividades e melloras online que incluíron a renovación da web, un novo blog, unha plataforma de formación en liña e reservas de citas co persoal do Local para formación e asesoramento.
Todas as actividades de 'O Local Online' pasaron polo mundo dixital e a través das redes sociais. O proxecto transformouse en máis de 190.000 persoas alcanzadas coas publicacións nas redes e máis de 7.400 'gústame', comentarios e interaccións.
Relacionadas:
-
Crowdfunding para financiar o novo disco de Malkeda no 20 aniversario da banda
Por Redacción |
-
O grupo pontevedrés Malkeda porá a banda sonora ao fin de agosto en Poio
Por Redacción |
-
A praza de España réndese ao metal de Malkeda e Javier Gómez Noya
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos bolos online do local de música
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Músicos de Pontevedra únense para crear "Mañá", o "himno da recuperación" da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
O Surfing the Lérez arranca con Malkeda, Selvática, Fondo Norte e Heredeiros da Crus
Por Diego Torrado |
-
Malkeda pon o peche musical á primeira xornada do ITU Multisport
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
Malkeda estrea ano con videoclip e nova compañía discográfica
Por Redacción |