O Surfing the Lérez arranca con Malkeda, Selvática, Fondo Norte e Heredeiros da Crus
Por Diego Torrado
O rock bravú dos veteranos Heredeiros da Crus foi o gran atractivo da programación deste venres na primeira xornada do Surfing the Lérez.
Na illa das Esculturas tamén soaron este venres Malkeda, Selvática e Fondo Norte.
Este sábado é o día grande do festival. A programación empeza ao mediodía e, se a choiva o respecta, concluirá de madrugada.
O público asistente poderá gozar de maneira gratuíta de distintas propostas musicais en tres escenarios distintos.
Están previstas as actuacións de Mushu (12.00 horas), Basanta (12.45), Santi Araújo (13.35), Tony Lomba y Elio dos Santos (14.25), Holywater (15.30), Sex Museum (16.25),Terbutalina (17.35), Rayotaser (18.25), Maneiro (19.15), The Lelli Kelly's (20.05), Anaut (20.55), Ortiga (21.45), Thee Blind Crows (22.35) y Familia Caamagno (23.30).
Relacionadas:
-
Malkeda, mellor banda de Pontevedra segundo un concurso do Local de Música
Por Redacción |
-
O Surfing the Lérez desvela as súas datas para 2020: 11, 12, 13 e 14 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
A rapazada toma o control na primeira xornada do Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Comezan dous días, dous, do Festival Surfing the Lérez
Por Marisa Ciordia |