O clown Jean Philippe Kikolas estrea con éxito o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado
Domingos do Principal arrancou con éxito a súa nova edición. Fíxoo co espectáculo Sin remite de Jean Philippe Kikolas. Centos de persoas, entre nenos e adultos, encheron o patio de butacas do Teatro Principal para deixarse levar polo xogo que propoñía o autor.
Un xogo coa escena, os obxectos e o público. Con esa premisa levaba Sin remite a Pontevedra, unha montaxe que a través de técnicas como o teatro gestual, a comedia slapstick ou diferentes gags visuais, introduciu aos espectadores no seu particular mundo.
Jean Philippe Kikolas utilizou variadas propostas circenses, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de rebote e unha infinidade de solucións para os conflitos que se expuñan, incluso meténdose nun globo xigante.
Este espectáculo, inspirado no cómico francés Jacques Tati, substituía ao que ía ofrecer Marcel Grass, que caeu do cartel do ciclo por motivos de saúde.
A próxima cita con Domingos do Principal será o 28 de xaneiro, ás 12.00 e ás 18.30 horas, co espectáculo Rubicundo, da compañía galega Teatro dos Ghazafellhos.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal revolve conciencias con "Me llamo Suleimán"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Acrobacias e música en directo nunha nova xornada de Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Todos cantan e bailan con Rubicundo
Por Diego Torrado |
-
O conto Rubicundo, de María Canosa, cobra vida nos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Marcel Gross e Claire Ducreux caen de Domingos do Principal por motivos de saúde
Por Redacción |
-
Este Nadal, agasalla 'Domingos do Principal'
Por Redacción |