Domingos do Principal revolve conciencias con "Me llamo Suleimán"
Unha obra para remover conciencias. Así foi a aposta que fixo esta semana o ciclo Domingos do Principal. Trátase de Me llamo Suleimán, unha historia sobre a emigración africana que puxo en escena a compañía canaria Unahoramenos.
Me llamo Suleimán é a adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano. En escena, Isabel, unha compañera de clase de Suleimán, foi a encargada xunto co traballo de animación audiovisual de Juan Carlos Cruz e baixo a dirección de Mario Veiga, de narrar esta historia, a da viaxe dun niño co único fin de alcanzar os seus soños.
Un público entregado desde o primeiro momento puido coñecer así a Suleimán, un adolescente que farto da terrible situación de pobreza que vive no seu país, Malí, decide marcharse xunto ao seu amigo Musa á próspera Europa.
A obra, destinada a nenos maiores de 12 anos, narra os problemas que sofre o protagonista durante a súa viaxe a través de África e as dificultades que vive ao chegar á fronteira en Melilla, feitos que lle levan a probar sorte por mar.
Todo un relato emocionante e cunha posta en escena sorprendente co que se pretende contribuír ao achegamento entre quen emigra e quen recibe ao emigrante.
Sen dúbida, unha obra que nos axuda a comprender mellor a decisión que han de tomar miles de persoas e expornos cales son as razóns para tomala, sabendo que -como por desgraza ocorre con moitísima frecuencia- as súas vidas corren perigo.
A próxima cita con Domingos do Principal será o 4 de marzo coa obra O Faiado, de Teatro ó cubo.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal pecha edición con 544 espectadores de media por sesión
Por Redacción |
-
Domingos do Principal di adeus mergullado no 'Mundo Lirondo'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Este domingo pasámolo no "faiado"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Faiado, a nova obra de Teatro Ó Cubo, en Domingos no Principal
Por David Arana |
-
Acrobacias e música en directo nunha nova xornada de Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Todos cantan e bailan con Rubicundo
Por Diego Torrado |
-
O clown Jean Philippe Kikolas estrea con éxito o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |