O río Lérez, protagonista do festival Novos Cinemas
Por Redacción
O director Lois Patiño coordinará as pezas de varios alumnos do campus de Pontevedra das distintas titulacións, Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Belas Artes, onde o río Lérez será o protagonista. O propósito é estrealas na primeira edición do festival Novos Cinemas.
"Se entendemos o cinema como unha articulación do espazo-tempo, o espazo está sempre presente, aínda que moitas veces só sexa un pano de fondo", explica Patiño, encargado de impartir o taller Mirar ou río - Cinema e paisaxe, que nesta xornada empezou en Ciencias Sociais e dá Comunicación e no que se tratará de guiar ao alumnado na realización dunhas obras "que poñan o espazo en primeiro termo".
O curso práctico impartido por Patiño chamou a curiosidade de 28 alumnos, que presentaron diversas pezas audiovisuais ao proceso de selección do que foron escollidos 12 estudantes. Estes iniciaron o traballo que os levará a formar parte da programación da primeira edición do festival que terá lugar entre o 28 de xuño e o 3 de xullo.
Mirar ou río comeza con dúas sesións nas que Patiño achega ao alumnado "distintas perspectivas e ferramentas conceptuais e plásticas" que lles poidan axudar no posterior proceso de creación, partindo da análise dunha serie de autores que abordaron esa idea da paisaxe no cinema con esa "mirada propia".
O taller ampliou as súas prazas debido á demanda e os 12 estudantes seleccionados están de acordo en que constitúe "unha moi boa oportunidade tanto pola posibilidade de coñecer as experiencias que nos poida achegar Lois Patiño, como pola oportunidade de ter algo que ensinar e engadir ao noso currículo", explica Rebeca Tizón, estudante de Comunicación Audiovisual.
"Para min é un director galego de referencia e é unha gran oportunidade poder telo aquí, é algo que non se ve todos os días", engade Álvaro Martínez sobre o director Lois Patiño, "ademáis supón un reto que o resultado final do taller sexa algo que se vai a proxectar ao público".
Relacionadas:
-
'La academia de las musas' e José Luis Guerín inauguran a edición 01 do festival internacional Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Nove películas competirán na sección oficial da edición 01 do festival Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Jose Luis Guerín, padriño da Edición 01 do festival Novos Cinemas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Clausúrase a Edición 0 de Novos Cinemas con éxito de público
Por Diego Torrado |
-
Aperitivo de cinema
Por Redacción |