Clausúrase a Edición 0 de Novos Cinemas con éxito de público
Por Diego Torrado
Finalizou o prólogo do Festival Internacional de Cinema en Pontevedra 'Novos Cinemas', que regresará en xuño coa súa primeira edición cunha sección oficial na que concursarán primeiras ou segundas películas de novos realizadores. A edición Cero desta cita co cinema en Pontevedra clausurábase este domingo no Teatro Principal tras a proxección da película Volta á terra, do director portugués Joao Pedro Plácido.
No acto final ao que asistiu numeroso público, o dúo coruñés Esquelas foi o encargado de interpretar temas en directo sobre pezas curtas de Lois Patiño. Ao escenario subiron tamén os promotores deste festival, Daniel Froiz, Suso Novás e Ángel Santos, ademais da concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías e o vicerreitor da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho. Todos destacaron o interesante nivel de debate e de participación ofrecido nesta edición preliminar que se abría o pasado venres coa proxección dun clásico como 'Os catrocentos golpes' ('Lles 400 Coups'), de François Truffaut.
Durante tres días desenvolvéronse coloquios, análises e puidéronse ver diversas películas de novos realizadores, principal punto de referencia para a organización. O obxectivo céntrase agora en que o Festival de Novos Cinemas en xuño comece a consolidar un proxecto que quere promocionar e difundir películas do cinema internacional que normalmente non chega ás salas comerciais de Galicia.
Relacionadas:
-
'La academia de las musas' e José Luis Guerín inauguran a edición 01 do festival internacional Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Jose Luis Guerín, padriño da Edición 01 do festival Novos Cinemas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Gústache o cine de autor? Tres martes de abril tes unha cita no Principal
Por Anxo Lourido |
-
O río Lérez, protagonista do festival Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Aperitivo de cinema
Por Redacción |
-
Decembro acolle o avance do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Nace 'Novos Cinemas', un festival de cine para detectar talento emerxente
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |