Preto de 1.700 escolares reservaron praza nos obradoiros da exposición Wildlife 2014
Por Redacción
Ao redor de 1.700 escolares anotáronse xa ás visitas guiadas e aos talleres que se organizan pola área educativa da Fundación Galicia Obra Social de Afundación con motivo da exposición 'Fotógrafos da natureza 2014. European Wildlife Photographer of the Year', que se inaugurou o 24 de outubro e se poderá visitar ata o 3 de xaneiro de 2015.
Afundación ten aberto aos centros escolares e dos colectivos que así o soliciten a posibilidade de asistir tanto ás visitas guiadas coma ás diferentes propostas educativas elaboradas. Deseñáronse tres talleres 'Os pingüíns que sabían abrazar', 'A Vida salvaxe' e unha didáctica dirigad ao segundo cilco 'Wildlife Photographer of the year 2014'.
Esta exposición xorde a raíz do concurso European Wildlife Photographer of the Year, que comezou a súa traxectoria no ano 2000 aberto a todos os fotógrafos, tanto profesionais coma afeccionados, está promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza. Ao longo dos seus trece anos de vida, o número de participantes foi aumentando de xeito notable, de tal maneira que á convocatoria do ano 2013 se presentaron un total de 1328 fotógrafos, procedentes de 39 países europeos, con 16.542 imaxes. Dos 72 profesionais da cámara seleccionados, 12 son españois e un deles, o galego Luis Manuel Vilariño López, recibiu unha Mención de Honra por unha imaxe sorprendente dunha praia negra en Islandia.
Relacionadas:
-
Máis de 3.600 persoas viron en Afundación de Pontevedra as mellores fotos da natureza
Por Redacción |
-
"Pinocho, el gran musical" e "Os tres porquiños", teatro e música en familia en Afundación
Por Redacción |
-
O Café Moderno, máis preto da natureza que nunca
Por Redacción |
-
Afundación presenta unha ampla programación de actividades escénicas para escolares de Pontevedra
Por Redacción |