"Pinocho, el gran musical" e "Os tres porquiños", teatro e música en familia en Afundación
Por Redacción
Gozar do Nadal en familia. ÿ a proposta de Afundación en Pontevedra para as próximas datas festivas. E dentro de toda esta oferta cultural destacan as representacións de dous espectáculos, Pinocho, el gran musical (14 de decembro, 17.30 horas) e Os tres porquiños (20 de decembro, 18.00 horas). Ambos os dous están recomendados para nenos a partir de tres anos e representaranse no Centro Social da entidade.
Pinocho, el gran musical é unha nova versión do popular conto, na que se combinan a maxia do circo, a música e unha sorprendente posta en escena. Nesta interpretación do clásico, o prestixioso director Gustavo Tambascio, creador de musicais como El hombre de La Mancha, presenta un espectáculo no que a marioneta de madeira tallada por Geppetto, o humilde carpinteiro, cobrará de novo vida un neno traveso e desobediente.
Pola súa banda, Os tres porquiños é unha adaptación da fábula clásica realizada pola compañía Educateatro Produccións en formato de teatro musical. A obra, dirixida especialmente a nenos entre os tres e os sete anos, pretende reflectir como serían os tres cerditos e o lobo feroz hoxe en día e onde poderían encontrar un lugar seguro no que construír as súas tres casas.
O seu obxectivo é mostrar valores como o respecto e a protección á natureza, a solidariedade ou o esforzo aos máis pequenos. En formato de obra de teatro musical, os seus personaxes protagonistas interactuar cos nenos durante todo o espectáculo e sérvense da axuda dunha banda sonora composta por cinco pezas orixinais con coreografías nas que poderá participar todo o público asistente.
As entradas están á venda nas canles habituais de comercialización de espectáculos de Afundación, a web www.servinova.com e o despacho telefónico 902 504 500.
OBRADOIROS
Ademais, na mesma liña que se desenvolven as propostas didácticas programadas ao longo do curso nas distintas exposicións, durante as vacacións escolares as nenas e nenos poderán participar nos talleres de nadal que, nesta ocasión, se celebrarán os días 22, 23, 29 e 30 de decembro no Café Moderno.
Obradoiros sensoriais para pequerrechiños, dirixido a nenas e nenos de 2 a 4 anos acompañados por un adulto no que os pequenos experimentarán con música e pintura coas mans e os pés, "un máxico mundo de sensacións no que os máis pequenos poderán gozar dun espazo para sentir, soñar e divertirse". A actividade será en horario de 10.00 a 11.30 h, os días 22 ou 29 de decembro.
Este Nadal os tres porquiños saen do conto, destinado a nenas e nenos de 5 a 8 anos, permitirá aos participantes facer novos amigos, xogar e "crear un espazo onde nada é o que parece". En horario de 12.00 a 14.00 h, os interesados poderán elixir entre dúas quendas: o 22 e 23 de decembro ou o 29 e 30 de decembro. As reservas poden facerse por teléfono, no 986 333 210.
Relacionadas:
-
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día?
Por Diego Torrado |
-
"Nos meus zapatos", un espectáculo para escolares sobre o poder integrador da danza
Por Mónica Patxot |
-
Preto de 1.700 escolares reservaron praza nos obradoiros da exposición Wildlife 2014
Por Redacción |
-
Escolares pontevedreses degustan un divertido "cocido sinfónico" en Afundación
Por Mónica Patxot |