"Clinc!", un innovador espectáculo cómico con burbullas de xabón, chega a Domingos do Principal
Por Redacción
Clinc! é o ruído que supoñemos que debe facer unha burbulla de xabón ao explotar, ou ao chocar con outra, ou ao rebotar. Ese é o punto de partida do espectáculo do creado e dirixido por Pep Bou. Froito dos anos de experimentación coa linguaxe das burbullas de xabón e outras estruturas tensioactivas nace esta montaxe protagonizado por dous dos talentos emerxentes da Compañía Pep Bou, Isaías Antolín e Eduardo Telletxea.
ÿ a oferta desta semana no ciclo Domingos do Principal. En dobre sesión, ás 12.00 e ás 18.30 horas, o Teatro Principal acollerá esta proposta, que simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de forma pesimista; cando deciden contemplar a beleza da súa contorna e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada.
Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso do auga, o jabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc... Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza do que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas.
As entradas para asistir a este espectáculo están á venda a través de www.servinova.com. Teñen un prezo de catro euros. No caso de que non se esgoten, poderán adquirirse na billeteira do Teatro Principal desde dúas horas antes de que comece a representación.
Relacionadas:
-
A danza contemporánea pide paso en Domingos do Principal co espectáculo "Jardín en el aire"
Por Redacción |
-
Domingos do Principal aposta esta semana por "Aurora", unha fusión entre teatro de actor e videocreación
Por Redacción |
-
"Xango", unha obra para reflexionar sobre as novas tecnoloxías, chega a Domingos do Principal
Por Redacción |