"Xango", unha obra para reflexionar sobre as novas tecnoloxías, chega a Domingos do Principal
Por Redacción
Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. Este é o punto de partida de Xango, o novo espectáculo da compañía galega Talía Teatro. ÿ a segunda obra que os rapaces pontevedreses poderán gozar no ciclo Domingos do Principal. Será este domingo 26 de xaneiro, en sesión doble, ás 12.00 e ás 18.30 horas.
Os actores Toño Casais e Dani Trillo son os dous únicos protagonistas desta divertida historia, escrita por Diego Rei. Dirixido especialmente a un público a partir dos sete anos, Talía Teatro, igual que en espectáculos anteriores, elixiu un tema de actualidade co que pretenden facer reflexionar aos seus espectadores. Neste caso, os usos e abusos do mundo cibernético.
Xango promete moita diversión cun teatro de actor e guiños ás técnicas do mimo e o clown. O espectáculo ten unha duración aproximada de 50 minutos.
As entradas, que teñen un prezo de catro euros, pódense adquirir en www.servinova.com ou dúas horas antes de cada representación na billeteira do Teatro Principal.
Relacionadas:
-
"Clinc!", un innovador espectáculo cómico con burbullas de xabón, chega a Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Domingos do Principal aposta esta semana por "Aurora", unha fusión entre teatro de actor e videocreación
Por Redacción |
-
'O príncipe e o parrulo' substitúe ao espectáculo de clown en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Domingos do Principal repite o seu éxito entre os nenos de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |