Domingos do Principal repite o seu éxito entre os nenos de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A compañía andaluza La Rous co seu espectáculo Una niña foi a encargada esta edición de abrir o ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal. Cunha programación de siete obras que contarán con dobre función e algunhas delas cunha terceira concertada con centros escolares.
O teatro de actor, mudo, de títeres e a danza, vense representadas neste repertorio escollido pola organización e Teatro Akatro.
Un ano máis, a acollida foi moi positiva e fixo que os 200 abonos matinais e 200 de tarde se esgotaran, dando dereito a acceder á totalidade das obras cun custe de 16 euros.
Para aqueles que non chegaron a tempo de mercar o abono, a través da billeteira electrónica aínda se poden mercar as entradas de xeito individual a un prezo de catro euros e, no caso de non esgotarse, dúas horas antes de cada representación na billeteira do Teatro.
Este domingo os andaluces de La Rous fixeron as delicias dos cativos coa historia dunha muller que vivía nun peirao enferruxado. Pescaba todo o que a xente abandona. Un día prendeu nas súas redes algo nunca visto: unha nena dentro dunha botella. Asustada, rexéitouna impulsivamente, tirándoa de novo ao mar, pero despois decidiu ir buscala. Primeiro nun barquiño de papel e logo no fondo do mar.
Un espectáculo mudo con actores e títeres sobre o escenario do Principal que foi recoñecido co Premio Nacional de las Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud 2011.
Relacionadas:
-
"Xango", unha obra para reflexionar sobre as novas tecnoloxías, chega a Domingos do Principal
Por Redacción |
-
'O príncipe e o parrulo' substitúe ao espectáculo de clown en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
"Una niña", da compañía andaluza La Rous, abre esta fin de semana o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción |
-
'Domingos do Principal' cumpre 15 anos e celébrao cunha programación "diversa e innovadora"
Por Alejandro Espiño |