Domingos do Principal aposta esta semana por "Aurora", unha fusión entre teatro de actor e videocreación
Por Redacción
Unha nova obra de teatro destinada ao público infantil chega a Domingos do Principal. Tralo éxito das anteriores propostas, o ciclo propón para este domingo 9 de febreiro a obra Aurora, da compañía galega Elefante Elegante. Como vén sendo habitual, representarase en dobre sesión, ás 12.00 e ás 18.30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, onde se espera un cheo absoluto.
Aurora, unha obra duns 50 minutos de duración e recomendada para nenos a partir de tres anos, é a historia do encontro dun aviador coa raíña das curuxas, que como a todas as curuxas gústalle máis a noite có día. Cando escurece séntese mellor ca nunca, voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía coma o vento. Pero ao amencer, énchese de tristeza, o sol queima a súa pel e cega os seus ollos.
Trátase dun espectáculo musical que mezcla teatro de actor y la videocreación con el deseo de profundizar la experimentación de Elefante Elegante sobre lenguajes visuales. La música conecta la acción en el escenario con la acción proyectada en video creando un universo mágico, cómico y misterioso.
As entradas en venda anticipada a través de www.servinova.com. No caso de non esgotarse, poderán adquirise dúas horas antes de cada función na billeteira do Teatro Principal a un prezo de catro euros.
Además, Aurora de Elefante Elegante é a segunda das obras de Domingos do Principal concertada con escolares a aforo completo. Esta representación especial celebrarase o luns 10 de febrero ás 11.30 horas. Nela participarán sete centros: Vidal Portela, Ponte Sampaio, Vilaverde (Mourente), Parada de Campañó, A Laxe de Marín, a escola infantil de Verducido e o Colexio Los Sauces.
Relacionadas:
-
"Clinc!", un innovador espectáculo cómico con burbullas de xabón, chega a Domingos do Principal
Por Redacción |
-
"Xango", unha obra para reflexionar sobre as novas tecnoloxías, chega a Domingos do Principal
Por Redacción |
-
'O príncipe e o parrulo' substitúe ao espectáculo de clown en Domingos do Principal
Por Redacción |