Persoal do CHOP fai unha chamada á tranquilidade ante a morte de tres pacientes coa bacteria pseudomona
Por Natalia Puga
A chamada á tranquilidade realizada na tarde do martes pola Dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) foi reiterada un día despois polo persoal do centro sanitario. Tras coñecerse a morte de tres pacientes que tiñan unha infección por pseudomona multirresitente, e ante a alarma social xurdida, os traballadores piden tranquilidade a enfermos, familiares e á sociedade en xeral, pois no CHOP "se están haciendo las cosas bien".
A Xunta de Persoal solicitou na tarde do martes un reunión á Gerencia para coñecer os últimos detalles da situación e tan só unhas horas despois a súa petición tivo resposta. Os delegados de prevención foron citados para unha reunión ás 12.30 horas deste mércores na que estaban representados todos os responsables de área o CHOP e na que se lles trasladaron as novidades máis recentes.
Carmela Bas: "Se están haciendo las cosas bien"
Carmela Bas, delegada de prevención do sindicato CSIF, explicou que xa o pasado 30 de outubro, tras darse os primeiros casos de pseudomona, os responsables médicos do Hospital deron información aos traballadores sobre o que estaba sucedendo. Este mércores reiteráronlles que ata o momento non hai ningunha investigación definitiva que determine se os pacientes faleceron a causa da bacteria, pero estanse indagando as circunstancias que rodearon a morte dos tres pacientes ingresados en Montecelo que tiñan pseudomona multirresistente e que faleceron desde outubro.
Na liña do sinalado públicamente polos responsables do CHOP, na reunión trasladaron ao persoal que hai aberta unha investigación con carácter retroactivo na que se están estudando "a fondo" todos os casos e os pasos datos na atención e tratamento deses pacientes, así como as posibles fontes ambientais e obxectos contaminantes que poidan estar implicados na expansión desta bacteria.
O persoal do servizo de Hematología do CHOP recibiu, segundo asegura Carmela Bas, instrucións específicas, que hai que sumar a que se fala de traballadores que habitualmente xa están moi preparados e reciben formación específica polas características dos pacientes aos que tratan.
A maioría dos enfermos desa planta están moi delicados e inmunodeprimidos, de aí a perigosidade que supón para todos a presenza da bacteria, pero o persoal, ten, segundo a representante de CSIF, "todos los medios a su alcance" para facerlle fronte. Tanto o persoal coma a Dirección recoñecen a preocupación pola situación e que existe un problema que hai que investigar, pero aseguran que se adoptou todas as medidas oportunas tanto a nivel de prevención e protección como para investigar o que sucede.
Relacionadas:
-
A Fiscalía amplía a investigación polo brote de pseudomona no CHOP
Por Redacción |
-
O Defensor do Paciente abre a terceira investigación sobre as mortes de pacientes con pseudomona
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP declara na Fiscalía na investigación sobre a pseudomona
Por Redacción |
-
O BNG pregunta pola influencia dos recortes e privatizacións nas últimas mortes en Montecelo
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía investiga de oficio as mortes en Montecelo a causa dunha bacteria
Por Redacción |
-
Investigan a morte de tres pacientes do CHOP por unha bacteria: "Tenemos un problema"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |