A Fiscalía investiga de oficio as mortes en Montecelo a causa dunha bacteria
Por Redacción
O Fiscal Xefe da Provincia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, anunciou a apertura de dilixencias de investigación pola morte de tres pacientes do Hospital Montecelo a causa da bacteria pseudomona.
Estes casos foran postos en coñecemento da Fiscalía dende a Asociación do Defensor do Paciente pero neste caso o Ministerio Público reacciona de oficio para descubrir se estes falecementos por unha infección hospitalaria levan consigo algún tipo de irregularidade.
Segundo informa Faro de Vigo, Juan Carlos Aladro solicitará ao Complexo Hospitalario de Pontevedra que remita toda a documentación sobre estes casos e citará a declarar o persoal médico en calidade de testemuñas.
Relacionadas:
-
O CHOP recoñece que en outono houbo un "brote" de pseudomona, pero asegura que "está cerrado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía amplía a investigación polo brote de pseudomona no CHOP
Por Redacción |
-
O Defensor do Paciente abre a terceira investigación sobre as mortes de pacientes con pseudomona
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP declara na Fiscalía na investigación sobre a pseudomona
Por Redacción |
-
O BNG pregunta pola influencia dos recortes e privatizacións nas últimas mortes en Montecelo
Por Natalia Puga |
-
Persoal do CHOP fai unha chamada á tranquilidade ante a morte de tres pacientes coa mesma bacteria
Por Natalia Puga |
-
Investigan a morte de tres pacientes do CHOP por unha bacteria: "Tenemos un problema"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |