Persoal do CHOP declara na Fiscalía na investigación sobre a pseudomona
Por Redacción
Persoal médico do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) acudiu este martes aos xulgados da Parda para prestar declaración ante a Fiscalía Provincial no marco da investigación aberta de oficio para aclarar o falecemento de catro pacientes entre outubro e novembro no Hospital Montecelo, tres deles presumiblemente a causa da bacteria pseudomona.
Segundo publican diversos medios de comunicación, a toma de declaracións comezou polos responsables de distintas áreas médicas do CHOP, que compareceron ante o fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, para explicarlle todos os feitos relacionados co estado de saúde dos pacientes falecidos e as circunstancias da súa morte.
Entre os facultativos que xa explicaron o sucedido ao fiscal en calidade de testemuñas encóntranse o director de Servizos Asistenciais, José Antonio Ortigueira; e o xefe de servizo de Medicina Preventiva do CHOP, Francisco Vázquez Vizoso. Non transcenderon os nomes de ningún máis dos que pasaron pola Parda.
Juan Carlos Aladro actuou de oficio e abriu dilixencias de investigación tras os recentes fallecimientos.Dentro das investigacións, xa solicitou e recibido un informe oficial sobre os tres pacientes e a súa morte. O propio CHOP admitiu que ten aberta unha investigación interna por tres falecementos -aínda non rematou- e o Defensor do Paciente as eleva a catro.
Relacionadas:
-
A Fiscalía arquiva a investigación ao non detectar neglixencia nas mortes de pacientes por unha bacteria no CHOP
Por Redacción |
-
O CHOP recoñece que en outono houbo un "brote" de pseudomona, pero asegura que "está cerrado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía amplía a investigación polo brote de pseudomona no CHOP
Por Redacción |
-
O Defensor do Paciente abre a terceira investigación sobre as mortes de pacientes con pseudomona
Por Redacción |
-
O BNG pregunta pola influencia dos recortes e privatizacións nas últimas mortes en Montecelo
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía investiga de oficio as mortes en Montecelo a causa dunha bacteria
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP fai unha chamada á tranquilidade ante a morte de tres pacientes coa mesma bacteria
Por Natalia Puga |
-
Investigan a morte de tres pacientes do CHOP por unha bacteria: "Tenemos un problema"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |