A Fiscalía amplía a investigación polo brote de pseudomona no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción
O Fiscal Xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, ampliou a investigación aberta a raíz de tres mortes por un brote de pseudomona no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) para determinar se existiron outros casos de pacientes infectados por esta bacteria.
Segundo fontes da Fiscalía, as dilixencias alcanzan aqueles pacientes inmunodeprimidos tratados nun curto período de tempo no CHOP.
Por agora non se produciu ningunha imputación nin tomou declaración a ninguén en calidade de investigado.
O Ministerio Público requiriu á dirección do Complexo Hospitalario pontevedrés novos informes técnicos de índole forense así como os historiais clínicos dos falecidos.
As indagacións da Fiscalía pretenden esclarecer se os traballadores do Hospital Montecelo cumpriron cos protocolos establecidos para facer fronte ás infeccións nosocomiales, é dicir, aquelas que se contraen nos propios centros médicos.
A Fiscalía de Pontevedra abriu esta investigación de oficio ante a alarma social xerada polas informacións publicadas nos medios de comunicación.
Relacionadas:
-
A Fiscalía arquiva a investigación ao non detectar neglixencia nas mortes de pacientes por unha bacteria no CHOP
Por Redacción |
-
O CHOP recoñece que en outono houbo un "brote" de pseudomona, pero asegura que "está cerrado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Defensor do Paciente abre a terceira investigación sobre as mortes de pacientes con pseudomona
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP declara na Fiscalía na investigación sobre a pseudomona
Por Redacción |
-
O BNG pregunta pola influencia dos recortes e privatizacións nas últimas mortes en Montecelo
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía investiga de oficio as mortes en Montecelo a causa dunha bacteria
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP fai unha chamada á tranquilidade ante a morte de tres pacientes coa mesma bacteria
Por Natalia Puga |
-
Investigan a morte de tres pacientes do CHOP por unha bacteria: "Tenemos un problema"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |