O Defensor do Paciente abre a terceira investigación sobre as mortes de pacientes con pseudomona
Por Redacción
O Defensor do Paciente decidiu abrir unha investigación para "averiguar qué ha sucedido" na sexta planta do Hospital Montecelo de Pontevedra entre outubro e principios de novembro, período no que faleceron catro pacientes da área de Hematoloxía, tres deles co denominador común de que tiñan unha infección pola bacteria pseudomona, segundo publica este venres Marcos Quintas na edición de Pontevedra de Faro de Vigo.
Esta investigación é xa a terceira que se abre en relación con este asunto. Tras os falecementos, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) abriu unha indagación interna para establecer as causas concretas da morte dos citados pacientes e determinar se todos os protocolos se aplicaron correctamente e funcionaron. Posteriormente, foi a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra a que abriu dilixencias para investigar de oficio o acontecido. Agora súmase o Defensor do Paciente.
Este órgano de defensa dos enfermos e os seus familiares explica que un dos seus obxectivos é solicitar todos os datos posibles para aclarar as dúbidas que teñen os familiares dos falecidos, pois queren saber que está a acontecer porque non se lles está a informar de nada". Unha vez que resolva as preguntas dos achegados, decidirase se o caso se leva ante os tribunais, pero é aínda cedo para adoptar esa decisión.
Dos catro pacientes falecidos, a investigación céntrase especialmente en tres, os que tiñan pseudomona. O obxectivo é determinar se faleceron a causa desa bacteria ou por outras patoloxías que presentaba, pois todos eles eran pacientes inmunodeprimidos. O CHOP recoñeceu que todos tiñan pseudomona e que se trata dunha bacteria multirresistente, pero toda conclusión deberá esperar a que rematan as tres investigacións abertas.
Relacionadas:
-
A Fiscalía arquiva a investigación ao non detectar neglixencia nas mortes de pacientes por unha bacteria no CHOP
Por Redacción |
-
O CHOP recoñece que en outono houbo un "brote" de pseudomona, pero asegura que "está cerrado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía amplía a investigación polo brote de pseudomona no CHOP
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP declara na Fiscalía na investigación sobre a pseudomona
Por Redacción |
-
A Fiscalía investiga de oficio as mortes en Montecelo a causa dunha bacteria
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP fai unha chamada á tranquilidade ante a morte de tres pacientes coa mesma bacteria
Por Natalia Puga |
-
Investigan a morte de tres pacientes do CHOP por unha bacteria: "Tenemos un problema"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |