Carol Agulla, Pablo Rodríguez e o Saraiba, Premios San Xoán 2018
Por Redacción
O Consello Municipal de Deportes de Poio fallou este mércores a relación de gañadores dos Premios San Xoán, que distinguen aos mellores deportistas locais da tempada a nivel local.
A deportista feminina máis destacada do ano segundo o fallo do xurado foi Carolina Agulla, xogadora do primeiro equipo do Poio Pescamar de fútbol sala que se proclamou campión da Copa Xunta e que, previsiblemente, será convocada para participar nos próximos Xogos Olímpicos da Mocidade.
No apartado de mellor deportista masculino o recoñecemento recaerá en Pablo Rodríguez, piragüista que este ano se proclamou campión de España junior na modalida de C-1 500 metros e participou no campionato mundial da súa categoría.
Por último será premiado o equipo senior do Club Saraiba de ximnasia rítmica, formado por Laura Gómez e Iria Calvar, e que se proclamou campión autonómico.
Os Premios San Xoán 2018 entregaranse dentro do programa das festas patronais o venres 22 de xuño, despois do pregón previsto no Concello ás 21:00 horas.
Relacionadas:
-
Técnicos inspeccionan en Poio a instalación das atraccións de feira das Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Aquelarre de pregoeiras nas Festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a era Dani Díaz no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Teresa Fernández-Valdés, Marta Larralde e Eva Fernández, primeiras pregoeiras do San Xoán de Poio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tradición, música e lume nas festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |