Tradición, música e lume nas festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez
Que mellor que presentar unha festa con música. Así o cre a concelleira de Cultura e Festexos de Poio, Lidia Salgueiro, que pandeireta en man presentou este mércores as Festas de San Xoán.
Os días centrais destas festas patronais viviranse do 22 ao 26 de xuño, ainda que esta fin de semana xa comeza a programación que ten actividades ata o 6 de xullo.
O venres 22 o pasarrúas con cabezudos percorrerá a estrada PO-308 ata a praza situada fronte ao Concello recuperando unha tradición que existía cando as festas eran organizadas por unha comisión veciñal. Este pasarrúas popular está organizado polo colectivo +Cantos e precederá á lectura do pregón dende o balcón da casa consistorial.
Polo de agora a concelleira Lidia Salgueiro tan só adiantou que o pregoeiro ou pregoeira será unha persoa "relacionada coas artes escénicas". Haberá entrega de premios, degustación de rosca e viño e actuación da escola de música tradicional de Poio.
O sábado 23 comeza o día con alboradas nas parroquias a cargo das agrupacións folclóricas Vides Novas, Escola de Música Tradicional e O Cruceiro. Adiántase ás seis da tarde a recollida das herbas de San Xoán organizada polas Asociación Ronsel.
Dende as nove e media, haberá a sardiñada popular na Seca e logo unha gran verbena amenizada polas orquestras Super Fama e Ceniza, de A Coruña. O espectáculo de lume está previsto que comece ás 23.30 horas, incluindo o prendido da fogueira na Seca.
O prazo para a solicitude de fogueiras na noite do 23 de xuño abrirá o luns 4 de xuño nas oficinas municipais ata o 18 deste mes para aquelas cacharelas que se queiran realizar en areais. Quedan excluidas as praias de Cabeceira e Xiorto.
Para o domingo 24 logo das alboradas a cargo de Vides Novas, Berberechiños e O Cruceiro, oficiarase a misa solemne na honra de San Xoán Bautista coa actuación da coral Virxe da Renda. A unha da tarde será o concerto da Banda Unión Musical de Arcade. Ás 20 horas será o concerto da escola de acordeóns de Campelo e pola noite, desde as 22.00 horas, haberá verbena popular coas orquestras Trébol de Ferrol e Rítmo xoven.
O luns 25 tamén haberá alboradas e misa na honra de Santa Trahamunda, coa actuación da coral Virxe de Fátima. Á unha da tarde será a subida a San Martiño e o concerto da banda xuvenil de Barro. Ás 20 horas está programado no Parque da Memoria "Sabooor" un espectáculo de animación infantil. América de Vigo e Olympus faranse cargo da verbena.
O martes 26 será a misa na honra de San Fructuoso, coa actuación da coral de Poio, e o concerto da banda de música de Vilanova de Arousa será ás 13 horas. Haberá espectáculo infantil ás 20 horas no Parque da Memoria co Mago Teto, verbena con Capitol y Passarela y ás doce da noite, fogos de lucería.
ROMERÍA TRADICIONAL
A programación das festas de San Xoán comeza o venres 1 de xuño da man da Asociación Cultural Gaiteiro “Manuel Villanueva”, coa XIII Edición da tradicional Romaría de Gaiteiros que terá lugar na Reiboa ata o 3 de xuño, onde poderase disfrutar de tres xornadas onde a música pupular, xunto con actuacións de grupos e bandas de gaitas, será a protagonista durante todo o día.
Xa pola noite haberá diferentes concertos, o venres de rock a cargo do grupo local Champurrada, o sábado concerto de Más Madera (Tributo a "Leño") e A Roda. Durante o día, a música tradicional correrá a cargo de O Barqueiro e Vides Novas.
Finalmente, o domingo e o día adicado a música tradicional a cargo das agrupacións convidadas: Gaitas de Barbude e O Barqueiro. Durante o sábado e o domingo, haberá xornadas de micros abertos, postos de gastronomía a prezos populares (polbo, churrasco, empanada, arroces...), mostras de artesanía e moito máis.
O domingo ás 17.30 horas, a comunidade de montes de San Xoán celebra o festival de intercambio folclórico da Asociación Vides Novas no seu local da Seca.
Relacionadas:
-
Aquelarre de pregoeiras nas Festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Carol Agulla, Pablo Rodríguez e o Saraiba, Premios San Xoán 2018
Por Redacción |
-
Teresa Fernández-Valdés, Marta Larralde e Eva Fernández, primeiras pregoeiras do San Xoán de Poio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Estas son as praias de Sanxenxo nas que se poden facer fogueiras
Por Oskar Viéitez |
-
Marín prohibe facer fogueiras nas súas praias
Por Oskar Viéitez |