A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción
As Festas de San Xoán están ao virar a esquina, e por iso a Policía Local de Poio activa desde este luns 18 de xuño un dispositivo especial de tráfico.
Este dispositivo céntrase na zona da Seca, habitual recinto festivo no que se instalan cada ano as atraccións festivas.
Por este motivo o acceso ao lugar quedará restrinxido aos vehículos, o que afecta especialmente á comunidade educativa do CEIP Isidora Riestra. No seu caso, para as nais e pais do alumnado habilitouse a zona da Alameda para acceder en coche, mentres que o aparcadoiro estará situado á beira do ximnasio municipal.
O resto de residentes da Seca tamén verán limitado o seu acceso á chaira, polo que se recomenda a utilización das vías alternativas existentes no lugar.
O dispositivo especial de tráfico permanecerá activo ata o día 26 de xuño.
Relacionadas:
-
O PP de Poio quere unhas Festas de San Xoán con artistas de renome, orquestras de primeira magnitude e batalla de flores
Por Oskar Viéitez |
-
Festa rachada coas raíñas da noite
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Técnicos inspeccionan en Poio a instalación das atraccións de feira das Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Aquelarre de pregoeiras nas Festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A noite máxica de San Xoán iluminará toda a comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Churrasco do xeito
Por Oskar Viéitez |
-
As festas de San Xoán levan á Garda Civil de Tráfico a incrementar os controis de alcohol e drogas
Por Redacción |
-
Carol Agulla, Pablo Rodríguez e o Saraiba, Premios San Xoán 2018
Por Redacción |
-
Teresa Fernández-Valdés, Marta Larralde e Eva Fernández, primeiras pregoeiras do San Xoán de Poio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tradición, música e lume nas festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |