Changui decide un emocionante partido entre Ribadumia e Arosa e o Villalonga empata sen goles
Por Redacción
Pasan os anos pero hai cousas que non cambian no fútbol galego. Changui volció a decidir cun gol seu un partido dos máis disputado na Senra.
O Ribadumia levou os puntos nos últimos minutos de partido ante un Arosa que ve freadas as súas aspiracións en liga.
Puido desnivelarse a balanza cara a cuaquiera dos dous bandos despois dunha emocionante batalla, pero finalmente fíxoo a favor dos de David Sierra, grazas ao acerto finalizador do seu dianteiro. Changui conseguiu o único tanto do encontro a falta de seis minutos para o final do tempo regulamentario.
Tentou reaccinar o Arosa consciente do que se xogaba, pero faltoulle tempo e viu como se lle escapaba polo menos un punto da Senra.
A derrota deixa aos de Jorge Otero quintos na clasificación a tres puntos do play-off, mentres o Ribadumia é duodécimo con 33 puntos.
Consulta aquí o acta do Ribadumia-Arosa.
Non pasou do empate sen goles do Villalonga na súa visita ao sempre complicado campo do Barbadás ourensán (0-0).
Tentárono os celestes ao longo do choque, pero non contaron con acerto e tiveron que conformarse cun punto que lles deixa na sétima praza de Terceira División con 37 puntos.
Consulta aquí o acta do Barbadás-Villalonga.
Si gañou o Céltiga, no seu enfrontamento no Salvador Otero ante o CD Barco (2-0).
Os goles de Marcos ao fío do descanso e Emilio no minuto 75 recompensaron o bo facer local para asegurar tres importrantes puntos.
Os da Illa colócanse agora na décimo cuarta posición con 30 puntos, tres por encima do descenso.
Relacionadas:
-
De penalti gaña o Céltiga ao Villalonga, Ribadumia puntúa en Bouzas e o Arosa gaña no último minuto
Por Redacción |
-
Fran Fandiño decide para o Ribadumia ante a falta de puntería do Villalonga (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Tropeza o Arosa que perde a Monroy con fractura de clavícula e o Céltiga aproveita a visita do pechacancelas
Por Redacción |
-
O Arosa supera ao Céltiga, triunfo dun bo Ribadumia e derrota na casa do Villalonga
Por Redacción |
-
Folga en Segunda B e Terceira División?
Por Diego Espiño |
-
Gañan con autoridade Arosa e Villalonga, bo empate do Ribadumia e derrota dun Céltiga que se complica
Por Redacción |