Pontevedra Viva!

Ramiro Espiño

Diplomado en Auditoría polo Instituto de Auditores Internos de España e xornalista. Especializado en xornalismo deportivo como redactor e locutor. Comezou o seu andaina profesional no Diario de Pontevedra, pasando logo a Radio Pontevedra (Cadena Ser), onde estivo máis de 30 anos, labor que compaxinou con traballos en medios como Faro de Vigo (como corresponsal e logo como Xefe de Deportes da edición de Pontevedra no momento do seu lanzamento, ademais de realizar a crítica da Feira taurina da Peregrína), Diario AS, Área 11 (axencia barcelonesa de información deportiva) e Localia Televisión.

Na súa faceta de narrador deportivo radiofónico retransmitiu en directo máis de 1.000 partidos do Pontevedra C.F., percorrendo toda a xeografía española seguindo ao club granate, así como outros moitos de diferentes equipos da nosa contorna (SD Teucro, Celta de Vigo, Arosa, etc.). Testemuña directa da maioría de eventos deportivos dos nosos representantes, a súa voz vénnos contando todo o sucedido no noso deporte nas tres últimas décadas.