Tropeza o Arosa que perde a Monroy con fractura de clavícula e o Céltiga aproveita a visita do pechacancelas
Por Redacción
Tarde negra para o Arosa en Cangas. Os de Jorge Otero sufriron un grave tropezo fronte a un Alondras necesitado, que logrou reencontrarse coa vitoria despois de catro xornadas sen gañar, aliviando así a súa delicada situación, ao mesmo tempo que deixa aos arlequinados pendentes do que poidan facer os catro de cabeza, especialmente o Cerceda, na xornada dominical, para saber se a distancia co play-off faise xa considerable.
Pero non só perdeu o partido, sinó que o equipo vilagarcián quedou sen a súa recente fichaxe, o dianteiro Monroy, tras sufrir unha aparatosa caída disputando un balón, da que resultou lesionado con fractura de clavícula, o que en principio manteralle uns tres meses de baixa.
Non foi un bo partido do Arosa. O Alondras estivo máis intenso en laboras defensivas e apenas concedeu ocasións a un equipo que volveu demostrar as súas dificultades atacantes.
Os locais aproveitaron a súa oportunidade pouco antes do descanso, ao transformar Óscar Fondevila un lanzamento directo de falta desde a frontal que sorpredió a Sergio Lloves. Logo, os locais defendéronse con orde, moi pechados atrás. Con iso foilles suficiente para conter a un Arosa inocente na área contraria.
Consulta aquí o acta do Alondras-Arosa.
Sete minutos bastáronlle ao Céltiga para dar a volta a un marcador adverso na que levaba camiño de ser unha das sorpresas da tempada, ademais de meter en serios problemas aos da Illa. O pechacancelas e case desafiuzado Órdenes, que chegaba ao Salvador Otero acumulando nada menos que dez derrotas consecutivas, xogou sen nervios e conseguiu irse ao descanso sen recibir goles.
Os coruñeses mesmo se poñían por diante aos 57 minutos, cun gol de Manny Aparicio, pero coma se ese tanto fixese reaccionar ao Céltiga, os insulares envorcáronse sobra a meta visitante e en sete minutos vibrantes (do 66 ao 73 de partido) sentenciaban con tres goles conseguidos por Carlos Gómez, Paco e Estefan.
Relacionadas:
-
Cómodo triunfo do Arosa, golea o Villalonga, gaña o Céltiga unha final en Redondela e cae o Ribadumia
Por Redacción |
-
O Arosa métese na "pomada", valioso empate do Céltiga e derrotas de Ribadumia e Villalonga
Por Redacción |
-
De penalti gaña o Céltiga ao Villalonga, Ribadumia puntúa en Bouzas e o Arosa gaña no último minuto
Por Redacción |
-
O Arosa supera ao Céltiga, triunfo dun bo Ribadumia e derrota na casa do Villalonga
Por Redacción |
-
Changui decide un emocionante partido entre Ribadumia e Arosa e o Villalonga empata sen goles
Por Redacción |
-
Folga en Segunda B e Terceira División?
Por Diego Espiño |
-
Gañan con autoridade Arosa e Villalonga, bo empate do Ribadumia e derrota dun Céltiga que se complica
Por Redacción |