David Añón, descartado para o choque ante o Celta B por unha pneumonía
Por Diego Espiño
O Pontevedra perderá a un dos futbolistas máis utilizados esta tempada por Luisito para o importante choque do próximo domingo en Pasarón ante o Celta B.
David Añón causará baixa para o mesmo ao sufrir unha pneumonía. "O outro día no partido estaba bastante mal e no descanso tuven que pedir o cambio", explica o propio xogador. Por ese motivo e ao levar unha semana "griposo e con febre" someteuse a unhas probas médicas que revelaron unha infección pulmonar.
David Añón: "É un fastidio perder un partido e máis un bonito coma este, pero quedan moitos e hai que recuperar ben"
"Esta semana toca descansar", recoñece, e non se exercitará cos seus compañeiros mentres espera a que faga efecto o tratamento que lle receitaron con antibióticos.
"É un fastidio perder un partido e máis un bonito coma este, pero quedan moitos e hai que recuperar ben", comenta resignado.
Añón, que agarda volver aos adestramentos a próxima semana, únese así á lista de baixas na que tamén se atopan Mario Barco e Iker Alegre.
Relacionadas:
-
O Pontevedra agárrase á súa melloría como visitante para manterse na pelexa
Por Diego Espiño |
-
A pegada do Celta B esmaga a un Pontevedra sen pólvora (0-4)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra, pendente do ceo e co xusto para recibir ao Celta B
Por Diego Espiño |
-
Luisito recorre de novo aos adestramentos a porta pechada para preparar o choque ante o Celta B
Por Redacción |
-
O pichichi Borja Iglesias, toda unha ameaza para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra sofre primeiro e perdoa despois en Palencia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra descarta facer máis fichaxes tras a chegada de Eneko Eizmendi
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |