O Pontevedra descarta facer máis fichaxes tras a chegada de Eneko Eizmendi
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
A de Eneko Eizmendi será a única fichaxe invernal que realice esta tempada o Pontevedra "salvo que se produzca una eventualidad en los próximos días", xa que "no está previsto incorporar a nadie más", recoñeceu o responsable da dirección deportiva, Roberto Feáns, na presentación do futbolista vasco.
No seu primeiro acto como xogador granate, Eneko mostrouse ambicioso ao asegurar que "yo también estoy intentando lograr el ascenso de categoría y la verdad es que tenemos objetivos comunes", sinalou en relación ao seu novo equipo.
A pesar de que non coincidiu con ningún integrante do primeiro plantel a nova fichaxe do club pontevedrés explica que "me han hablado muy bien del club y de la ciudad".
Con 26 anos e unha ampla traxectoria na categoría de bronce en equipos como Real Sociedade B, Guijuelo, Toledo ou Real Unión, Eneko chega ao Pontevedra procedente do Albacete en calidade de cedido e cunha cláusula que lle impediría xogar contra os manchegos nun hipotético cruzamento polo ascenso.
Este mércores é o seu primeiro día de adestramento co grupo, pero móstrase con ganas de "sumar cuanto antes", polo que se pon a disposición Luisito pensando no choque ante o Palencia.
Eizmendi é zurdo e pode actuar en varias posicións da liña ofensiva, gústalle xogar "a banda cambiada" e tamén o xogo combinativo, aínda que o seu punto forte, como el mesmo sinala, é que "intento buscar el uno contra uno siempre que puedo".
En canto á elección dun futbolista de banda e non dun dianteiro, como se expuxo inicialmente pola lesión de Mario Barco, Roberto Feáns recoñeceu que se buscou "más versatilidad" tendo en conta que a recuperación do dianteiro rioxano vai por bo camiño.
Relacionadas:
-
David Añón, descartado para o choque ante o Celta B por unha pneumonía
Por Diego Espiño |
-
O pichichi Borja Iglesias, toda unha ameaza para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra sofre primeiro e perdoa despois en Palencia (0-0)
Por Redacción |
-
Pescar en río revolto, obxectivo do Pontevedra en Palencia
Por Diego Espiño |
-
Luisito, intranquilo pola crise institucional do Palencia: "Non sei contra quen nos imos enfrontar, contra que futbolistas"
Por Diego Espiño |
-
Grave crise institucional no Palencia, próximo rival do Pontevedra en liga
Por Diego Espiño |
-
Eneko Eizmendi é a fichaxe invernal elixida polo Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra freta un autobús para que os seus afeccionados arroupen o equipo en Palencia
Por Redacción |
-
Os peñistas de Fondo Norte, todos a un tempo
Por Diego Espiño |
-
Un gol de fortuna decide a favor dos cántabros un extraordinario partido de Pontevedra e Real Racing (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |