O Pontevedra, pendente do ceo e co xusto para recibir ao Celta B
Por Diego Espiño
Óso duro o que terá que roer o Pontevedra este domingo (17:00 horas) na visita ao Estadio Municipal de Pasarón do Celta B.
Os granates, que encandenan tres xornadas sen gañar a pesar de mostrar un gran nivel defendivo (só encaixou un tanto), queren superar a un dos equipos máis en forma da competición para confirmase nos catro primeiros postos, tendo en conta ademais que o filial celeste ocupa a terceira praza a 5 puntos.
Luisito conta co xusto para a cita, polo que convocou aos 17 futbolistas dispoñibles do primeiro plantel, tendo en conta que Kevin Presa é baixa por sanción, David Añón por enfermidade e Mario Barco e Iker Alegre por lesión.
Precisamente as novidades no centro do campo e na liña atacante, para substituír a Kevin e Añón respectivamente, son as principais incógnitas na aliñación pontevedresa, na que podería entrar por primeira vez Eneko Eizmendi, fichaxe invernal do equipo.
A principal preocupación de Luisito pasa por manter o nivel defensivo que consiga frear á temible dupla atacante dos célticos e á súa vez recuperar o olfacto goleador, tras a xeira negativa de tres encontros que atravesa o equipo sen ver porta.
A outra gran dor de cabeza é o estado que pode presentar o céspede de Pasarón tras as intensas choivas caídas nas últimas horas e que, por exemplo, xa impediron ao equipo exercitarse alí o pasado xoves. Ademais os granates tampouco puideron traballar sobre o campo de Príncipe Felipe o venres polo temporal.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Pablo Arias Rodríguez.
Relacionadas:
-
A pegada do Celta B esmaga a un Pontevedra sen pólvora (0-4)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Luisito recorre de novo aos adestramentos a porta pechada para preparar o choque ante o Celta B
Por Redacción |
-
David Añón, descartado para o choque ante o Celta B por unha pneumonía
Por Diego Espiño |
-
O pichichi Borja Iglesias, toda unha ameaza para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra sofre primeiro e perdoa despois en Palencia (0-0)
Por Redacción |