A operación de Rial, aprazada ata o luns
Por Redacción
José Manuel Rial deberá agardar aínda uns días para pasar polo quirófano e solucionar os problemas que arrastra no ombreiro, derivados da lesión que se produciu xogando o Mundial Universitario coa Selección Española.
O lateral teucrista será intervido cirurxicamente o vindeiro luns 12 de setembro na Clínica Cemtro de Madrid, despois de que a operación, prevista inicialmente para este mércores e tutelada polos servizos médicos da Federación Española de Balonmán, fose aprazada por "problema de camas" no centro hospitalario.
Unha vez sexa intervido, o xogador iniciará unha recuperación que se fixa en seis meses para volver con garantías á competición.
Mentres tanto os seus compañeiros traballan a pleno rendemento pensando no encontro do sábado (18:00 horas) en Zamora, primeira xornada de liga ante un "rival fuerte" que "si ganamos allí puede ser importante para nuestra moral", recoñeceu Borja Méndez na súa presentación como xogador do club pontevedrés xunto a Juan Quintas, compañeiro o pasado ano no Academia Octavio de Vigo.
Quintas pola súa banda asegura ter "muchas ganas de que empiece la temporada", e a pesar de que "hay que retocar cosas" mostrouse satisfeito de como se entende con Jhonny Medina no traballo defensivo, parcela na que ambos se presentan como pezas fundamentais nos plans de Quique Domínguez.
Relacionadas:
-
Rial, animado para afrontar unha "recuperación larga" tras ser operado en Madrid
Por Redacción |
-
Tropezo do Teucro en Zamora (23-21), vítima do seu desacerto en ataque
Por Redacción |
-
Todo listo no Teucro para debutar ante "uno de los grandes favoritos al ascenso"
Por Diego Espiño |
-
Conxura teucrista ante o inminente inicio de liga
Por Diego Espiño |
-
O Teucro proclámase contra prognóstico campión da Copa Galicia derrotando o Cangas (30-32) na final
Por Redacción |
-
Teucro e Cangas disputarán a final da Copa Galicia ao vencer o Cisne (27-26) e Xiria (24-21)
Por Redacción |