Teucro e Cangas disputarán a final da Copa Galicia ao vencer o Cisne (27-26) e Xiria (24-21)
Por Redacción
Teucro e Frigoríficos do Morrazo disputarán este sábado en Crecente (19:00 horas, TVG-2) a final da Copa Galicia masculina 2016. Ambos conxuntos acadaron a súa clasificación nas semifinais disputadas na tarde de este venres no pavillón municipal de Crecente.
Na primeira semifinal houbo derbi pontevedrés, ao enfrontarse o Teucro e BM Cisne, nun choque moi apertado e emocionante ata o final. Na primeira metade comezou mandando o Teucro, pero o Cisne logrou poñerse por diante no marcador antes do minuto 15 de partido. Despois foron alternándose ata chegar ao descanso con empate (11-11).
Na segunda metade, os homes de Quique Domínguez foron sempre por diante, aínda que con vantaxes moi curtas polo que o partido estivo vivo ata os instantes finais, nos que o Teucro logrou chegar ao último balón do encontro con dous tantos a favor. Así, na última posesión o Cisne logrou marcar e quedar a so un gol do seu rival.
SD TEUCRO (27): Jonhy Medina (2), Felipe Lorenzo, David García (2), Óscar Silva (1), Juan Quintás, Borja Méndez (3), Jorge García Lloria, Iván Fernández (3), Samu Gómez (2), Carlos García (4), Carlos Gehrhardt, Román Pedreira (1), Sergio Altirriba, Saul Campo (2), Héctor Gil, Dani Hernández, Edu Moledo (4) e Ángel Iglesias (3).
BM CISNE (26): Toño Lafuente (1), Santi Picallo, Pablo Galán, Xosé Canedo (1), Álex Chan (2), Pablo Picallo (2), Andrés Sánchez (1), Javi Vázquez (8), Carlos Pombo (2), Iago Cuadrado, Pablo Rey (1), Miguel Simón, Guille Rial (2), David Chapela (5), Pablo Gayoso, Alejandro Conde e Pepe Camiña (1).
Árbitros: Pablo Álvarez e Ángel Mateos. Excluíron dous minutos a Jonhy Medina (2), David García, Óscar Silva, Borja Méndez e Dani Hernández polo Teucro e a Pablo Picallo e David Chapela, do Cisne.
Parciais: 3-1, 4-4, 5-6, 7-8, 10-9, 11-11 (descanso), 15-13, 16-14, 19-17, 22-21, 24-23 e 27-26 (final).
Frigoríficos do Morrazo, 24 - AD Xiria, 21
Na segunda semifinal, o Cangas Frigoríficos do Morrazo superou ao AD Xiria (24-21) nun partido que o conxunto de Asobal tivo moi controlado durante boa parte do choque, pero no que se apertaron as distancias nos últimos dez minutos.
Despois do susto inicial no que o conxunto coruñés logrou poñerse por diante no marcador, o Frigoríficos do Morrazo comezou a mandar para ir abrindo distancias pouco a pouco ata chegar aos cinco tantos de vantaxe no minuto 20 (12-7). Antes do descanso o Xiria aproveitou algún erro para reducir e chegar so dous tantos abaixo ao paso polos vestiarios.
Na reanudación, saíu moi forte o conxunto dirixido por Pillo e logrou ata seis goles a favor, pero o Xiria non estaba disposto a deixarse ir. Así, cunha gran defensa e aproveitando algúns desaxustes do Cangas, foi rebaixando as distancias ata lograr poñerse a un tanto (21-20) a falta de cinco minutos. Pero nos instantes finais, o Cangas logrou repoñerse e marcou diferenzas para lograr o pase á final da Copa Galicia.
Relacionadas:
-
Os pontevedreses miden a súa puntería co Cisne
Por Mónica Patxot |
-
A operación de Rial, aprazada ata o luns
Por Redacción |
-
"Viñemos para quedar", avisa un Cisne que mantén prezos na súa nova campaña de socios
Por Diego Espiño |
-
Conxura teucrista ante o inminente inicio de liga
Por Diego Espiño |
-
O Teucro proclámase contra prognóstico campión da Copa Galicia derrotando o Cangas (30-32) na final
Por Redacción |
-
Saúl Campo, sobre a pretempada teucrista: "Buscamos sensaciones y creo que las estamos encontrando"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro supera con claridade ao Novás e cítase co Cisne en semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Cisne avanza na Copa Galicia tras vencer ao Chapela (23-29)
Por Redacción |