"Viñemos para quedar", avisa un Cisne que mantén prezos na súa nova campaña de socios
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán destila optimismo a poucos días de iniciar a que será a súa segunda campaña na División de Honra Prata, un ano no que queren consolidarse na categoría.
Para iso o primeiro é asegurar o número de socios da pasada campaña, na que "pasamos de 180 a casi 400", recoñece o presidente do club, Santi Picallo, orgulloso de ter "11 jugadores de casa" no plantel.
Por ese motivo decidiron manter os prezos na campaña de socios recentemente presentada, na que avisan aos seus rivais co lema 'viñemos para quedarn'.
Trátase de "demostrar que nos merecemos estar en Plata", explica Montse Fernández, ideóloga xunto ao xogador Pepe Camiña dunha campaña que buscará promocionar o balonmán nas rúas da cidade con diversas accións, como a prevista para este xoves na céntrica Praza da Peregrina.
Os abonos, que poden solicitarse a través da web www.clubcisne.es ou no correo electrónico clubcisnebalonmano@gmail.com para retirse despois os días de partido no CGTD, quedan da seguinte maneira, permitindo o acceso aos partidos de liga e Copa do Rei:
CATEGORÍA | PRECIO |
Adulto | 60 euros |
Familiar | 50 euros |
Xubilados | 40 euros |
Universitario | 30 euros |
Junior | 10 euros |
Simpatizante | 10 euros |
FICHAXE DE ADRIÁN MENDUIÑA
O club pontevedrés presentou tamén á súa última incorporación, o extremo Adrián Menduiña, co que dá por pechado o plantel.
O xoven xogador, que procede do Luceros de Primeira Nacional, que foi a pasada campaña o máximo goleador nacional contando todas as categorías nacionais.
Na súa primeira comparecencia como xogador do Cisne Menduiña sinalou que aceptou a oferta pola posibilidade de ascender de categoría e ser "una oportunidad que no podía dejar escapar".
Relacionadas:
-
Prometedor debut do Cisne fronte a Gijón Jovellanos (32-26)
Por Ramiro Espiño |
-
Dúas baixas de última hora para un Cisne que quere empezar a liga convencendo
Por Diego Espiño |
-
Os pontevedreses miden a súa puntería co Cisne
Por Mónica Patxot |
-
Teucro e Cangas disputarán a final da Copa Galicia ao vencer o Cisne (27-26) e Xiria (24-21)
Por Redacción |
-
O Cisne avanza na Copa Galicia tras vencer ao Chapela (23-29)
Por Redacción |
-
Boas sensacións que disparan o optimismo no Cisne
Por Diego Espiño |