O Teucro proclámase contra prognóstico campión da Copa Galicia derrotando o Cangas (30-32) na final
Por Redacción
O Teucro deu a sorpresa e logrou o título de campión da Copa Galicia masculina 2016, tras superar o Frigoríficos do Morrazo (30-32) na final disputada este sábado en Crecente.
Inicialmente o conxunto dirixido por Pillo, único equipo galego da Asobal, partía como favorito, aínda que non estivo especialmente cómodo en ningún dos partidos da Copa, nos que venceu con máis apuros dos esperados.
A final comezou con moi bo pe para os pontevedreses que defendían cun 5-1 que se lle atragantou ao Frigoríficos. Ademais, na portería García Lloria parecía una barreira infranqueable para os atacantes do Cangas. Así con 4-7 a favor do Teucro, o adestrador do Frigoríficos pediu tempo morto para frear a sangría. E foi efectivo. Pouco a pouco, o conxunto cangués foi achegándose ao rival para lograr o empate no minuto 24 (12-12).
Nesta fase do choque, eran os de Cangas os que dominaban o xogo e parecía que podían impoñer esa superioridade teórica pola categoría. Lograron poñerse por diante (13-12), pero so foi un espellismo. Novamente o Teucro sacou peito e logrou volver a poñerse por diante no marcador cun penalti xa co tempo cumprido que os levou aos vestiarios cun gol de vantaxe (14-15).
Pero na segunda metade a igualdade que imperou na primeira metade desapareceu. O Teucro parecía atoparse moi cómodo sobre o parqué do Municipal de Crecente a pesares da altísima temperatura. So houbo uns minutos de respiro para os homes de Pillo, que despois foron incapaces de superar a magnífica defensa do Teucro e de frear a Dani Hernández e Carlos García.
Así as distancias foron aumentando ata os seis tantos de máxima diferenza (minuto 48), que obrigaron a Pillo a pedir tempo morto. Nos últimos minutos o Frigoríficos do Morrazo apertou un pouco o marcador e nos momentos claves, cando podían meter presión ao Teucro, volveu aparecer a figura de Lloria, que saíu nos instantes finais despois de estar sentado no banco case toda a segunda parte, para confirmar a vitoria do conxunto dirixido por Quique Domínguez.
CANGAS FRIGORÍFICOS DO MORRAZO (30): Eduardo Salazar, Pedro Hermones, Moisés Simes (4), Serafín Pousada, Rubén Soliño (5), Suso Soliño, David Iglesias (1), Alejandro Pombo (1), Eloy Krok, Paulo Dacosta (4), Daniel Cerqueira (2), Alen Muratovic (2), David García (3), Daniel Gómez, Nikola Milosevic (2) y Nikola Potic (6).
SD TEUCRO (32): Jonhy Medina, Felipe Lorenzo, David García (2), Óscar Silva (1), Juan Quintás, Borja Méndez (3), Jorge García Lloria, Iván Fernández, Samu Gómez (4), Carlos García (9), Carlos Gehrhardt, Román Pedreira (1), Sergio Altirriba, Saul Campos (2), Héctor Gil, Dani Hernández (5), Edu Moledo (3) y Ángel Iglesias (2).
Árbitros: Pedro Eiras e Aarón Sestay. Excluíron 2 minutos a Moisés Simés, Dani Cerqueira (2), Eloy Krok, Dani Gómez (2), Nikola Milosevic (que foi descualificado por vermella) do Cangas e aos teucristas David García, Juan Quintás, Carlos García, Carlos Gehrhardt e Ángel Iglesias.
Parciais: 2-3, 4-5, 5-8, 8-11, 12-12, 14-15 (descanso), 17-18, 18-21, 18-23, 20-26, 25-29, 30-32 (final).
Incidencias: Final da Copa Galicia masculina 2016, que se disputou no Pavillón Municipal de Crecente. Boa entrada na grada. Ao remate do partido o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Lois Pérez Ouro, entregaron os trofeos aos capitáns.
O CISNE TERCEIRO AO VENCER AO LLIRIA (28-21)
No partido polo terceiro posto, que enfrontaba a BM Cisne e AD Xiria, logrou a vitoria o conxunto pontevedrés por un claro 28-21 (14-12, no descanso).
Relacionadas:
-
Todo listo no Teucro para debutar ante "uno de los grandes favoritos al ascenso"
Por Diego Espiño |
-
A operación de Rial, aprazada ata o luns
Por Redacción |
-
Conxura teucrista ante o inminente inicio de liga
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Cangas disputarán a final da Copa Galicia ao vencer o Cisne (27-26) e Xiria (24-21)
Por Redacción |
-
Saúl Campo, sobre a pretempada teucrista: "Buscamos sensaciones y creo que las estamos encontrando"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro supera con claridade ao Novás e cítase co Cisne en semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Cisne avanza na Copa Galicia tras vencer ao Chapela (23-29)
Por Redacción |