Todo listo no Teucro para debutar ante "uno de los grandes favoritos al ascenso"
Por Diego Espiño
Cambiaron moitas cousas nos últimos meses no Teucro, que conta con ata oito caras novas esta tempada para buscar o seu retorno á máxima categoría.
O camiño dos azuis iníciase este sábado (18:00 horas) a domicilio na cancha de "uno de los grandes favoritos al ascenso", o MMT Seguros Zamora, tal e como recoñece Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés móstrase a pesar de todo confiado e satisfeito co traballo da pretempada, que espera lles permita vencer nun partido que prevé "complicado, duro y difícil".
"El año pasado estuvo a 10 minutos de subir a Asobal", sinala Domínguez en relación ao Zamora, que mantén gran parte do bloque das últimas campañas e "ha incorporado jugadores de calidad y experiencia".
Da mesma opinión mostráronse na súa presentación os xogadores Óscar Silva e Javi Santana, celebrada nas instacións de Avigal, contentos coas sensacións que transmite o equipo pero consentes de que "una cosa es la pretemporada donde se prueban muchas cosas y otra la liga", explicou o gardameta.
O Teucro afronta a primeira xornada de liga coa única baixa de José Manuel Rial por lesión. O resto de xogadores do primeiro plantel están incluídos nunha convocatoria que completa Sergio Altirriba, xogador do filial.
O choque, que se disputará no Pabellón Municipal Ángel Nieto de Zamora, será arbitrado polo estremeño Vinagre Vázquez e o andaluz García Sánchez.
Relacionadas:
-
Tropezo do Teucro en Zamora (23-21), vítima do seu desacerto en ataque
Por Redacción |
-
A operación de Rial, aprazada ata o luns
Por Redacción |
-
Conxura teucrista ante o inminente inicio de liga
Por Diego Espiño |
-
O Teucro proclámase contra prognóstico campión da Copa Galicia derrotando o Cangas (30-32) na final
Por Redacción |