O Cisne avanza na Copa Galicia tras vencer ao Chapela (23-29)
Por Redacción
Tivo que suar o Cisne para superar en cuartos de final ao Chapela e continuar adiante na Copa Galicia de balonmán.
Os de Jabato remontaron na segunda metade un partido que nos primeiros 30 minutos púxoselles costa arriba, cun Chapela máis centrado.
Os locais chegaron con vantaxe ao descanso (11-10), pero no segundo tempo os cineístas melloraron a súa imaxe para dominar o electrónico, aínda que sen chegar a romper de todo o partido.
Desta forma, xa en semifinais, xogarán o vindeiro venres 2 de setembro por unha praza na gran final do día 3. Farano xa no pavillón de Crecente ante o vencedor do Atlético Novás-Teucro que se disputa este mércores.
A outra semifinal da Copa Galicia disputarana o Cangas e o Calvo Xiria.
Relacionadas:
-
"Viñemos para quedar", avisa un Cisne que mantén prezos na súa nova campaña de socios
Por Diego Espiño |
-
O Teucro proclámase contra prognóstico campión da Copa Galicia derrotando o Cangas (30-32) na final
Por Redacción |
-
Teucro e Cangas disputarán a final da Copa Galicia ao vencer o Cisne (27-26) e Xiria (24-21)
Por Redacción |
-
O Teucro supera con claridade ao Novás e cítase co Cisne en semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
Derrota do Teucro en Meaño fronte ao FC Porto (25-27) e vitoria do Cisne en Tui sobre BM San Tirso (26-24)
Por Redacción |
-
Sorte dispar para Teucro e Cisne nos seus amigables de pretemporada
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne xa coñecen o seu camiño na Copa Galicia de balonmán
Por Redacción |
-
Boas sensacións que disparan o optimismo no Cisne
Por Diego Espiño |