Grave lesión de Rial, que estará preto de seis meses de baixa
Por Redacción
Duro golpe para o Teucro, que perde por lesión a un dos xogadores chamados a levar o peso ofensivo do equipo, José Manuel Rial.
As probas ás que foi sometido o lateral durante os últimos días revelan que sofre unha rotura no 'labrum' do ombreiro, unha cartilaxe que dá estabilidade á articulación.
Rial regresou con molestias da súa participación no recente Mundial Universitario, ao que acudiu convocado co equipo nacional e no que se colgou a medalla de bronce. Con todo foi durante a pretempada teucrista cando a dor aumentou e coñeceuse o alcance da lesión.
Á espera de que se fixe a data para a operación á que debe ser sometido, os servizos médico estiman que o proceso de recuperación prolongarase durante "cinco ou seis meses".
DOUS NOVOS AMIGABLES
A pesar das malas noticias en forma de lesión, a pretempada continúa para o cadro pontevedrés, que este xoves disputará na Cañiza o seu segundo encontro amigable (20:30 horas). Tras este partido o seguinte compromiso será o do próximo sábado 20 de agosto en Maia (Portugal) ante o Ismai.
Relacionadas:
-
Rial, animado para afrontar unha "recuperación larga" tras ser operado en Madrid
Por Redacción |
-
Triunfo do Teucro ante o Avanca portugués nun partido de luces e sombras
Por Redacción |
-
O Teucro mantén prezos nunha campaña de socios coa que espera consolidar o seu número de abonados
Por Diego Espiño |
-
Sorte dispar para Teucro e Cisne nos seus amigables de pretemporada
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne xa coñecen o seu camiño na Copa Galicia de balonmán
Por Redacción |
-
O Teucro empezará a liga en Príncipe Felipe polo atraso das obras no Municipal
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Teucro e Asmubal Meaño asinan un acordo de filialidade
Por Redacción |
-
Balenciaga e Víctor Rodríguez abonan a cláusula de rescisión e desvincúlanse oficialmente do Teucro
Por Redacción |