O Cisne leva na segunda parte un disputado derbi (29-26) ante o BM Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Case un cuarto de partido xogado en inferioridade e unha primeira parte na que a defensa non estivo á altura. Foron as claves do sufrimento do Cisne para anotarse a vitoria no derbi local fronte a un motivado BM Pontevedra, con moitos excisneístas nas súas filas, que loitou ata o final pero que rematou cedendo ao permitir a escapada local á volta do vestiario, tras o descanso.
Tras uns primeiros minutos de iniciativa dos de Edín Covelo, pronto se viu que a defensa branca non tiña o seu mellor día. O BM Pontevedra atacaba con fluidez e acerto no lanzamento, axudado pola rigorosidade arbitral (ata nove exclusións por só tres para os visitantes) que castigaba con dous minutos case cada contacto por leve que fose.
Os de Ramón Pazos puxéronse por diante mediado o primeiro período, aproveitando tamén o desconcerto local, con excesivos erros nos pases e precipitacións no lanzamento.
Ao descanso a sensación era que o Cisne saíra moi ben parado co empate que reflectía o marcador, tendo en conta que estivera lonxe do seu mellor nivel. Pero o regreso á pista foi clave. Os de Edín Covelo saíron moito máis enchufados e abriron unha brecha de cinco goles, a falta de quince minutos para o final, que xa resultaría insalvable para o BM Pontevedra.
BM CISNE (29): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira, Edu Covelo (3), Álex Chan (3), Pablo Picallo (2), Andrés Sánchez (8), Rafa Dasilva, Miguel Simón, Javi Vázquez (4), Carlos Rodríguez (1), Pablo Vidal (4), Pablo Rey (3) e Pepe Camiña (1).
BM PONTEVEDRA (26): David Lagoa, Ángel Noya, Santiago Picallo; Víctor Ansías, Pablo Vázquez (4), Fernando Rey (1), Santi Calvo, Álex Pombo (4), Javier Suárez, Alberto Santiago (6), Ángel Soliño (7), Gonzalo García (4) e Gonzalo Eloy.
Árbitros: David Rodríguez Lera e Antonio Martín García (Castela e León). Excluíron por dous minutos a Edu Covelo, Álex Chan (3, descualificado no minuto 52), Andrés Sánchez, Miguel Simón, Pablo Vidal (2) e Pepe Camiña, polo Cisne, e a Ángel Soliño (2) e Gonzalo Eloy, polo BM Pontevedra.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 7-5, 7-7, 11-11, 12-14, 15-15 (descanso), 18-16, 22-18, 24-19, 25-22, 26-24 e 29-26 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 250 espectadores.
Relacionadas:
-
Remontada insuficiente do BM Pontevedra que cede (26-27) ante a SAR
Por Redacción |
-
Picada do BM Pontevedra (26-25) na súa visita ao viceúltimo Granitos Ibéricos
Por Redacción |
-
A defensa fai líder en solitario a un gran Cisne (28-23) ao impoñerse ao Seis do Nadal
Por Ramiro Espiño |
-
BM Pontevedra sentencia ao Promens Cañiza (29-33) na recta final
Por Redacción |
-
Non ten piedade o Cisne (20-37) dun Artabro que se rende pronto
Por Redacción |
-
Iniciativa e vitoria solvente do BM Pontevedra (33-26) sobre o Luceros
Por Redacción |
-
Mantén o pulso o Cisne que sae airoso (23-24) da complicada pista do Calvo Xiria
Por Redacción |