Non ten piedade o Cisne (20-37) dun Artabro que se rende pronto
Por Redacción
Sen rival. O resultado final dío todo. O Cisne esmagou a un froxísimo BM Artabro, que apenas aguantou dez minutos a superioridade dos de Edín Covelo.
Tras uns primeiros minutos cheos de erros, o conxunto pontevedrés tomou as rendas e a partir do ecuador da primeira parte comezou a abrir unhas diferenzas imposibles para o equipo coruñés, débil en ataque, pero máis aínda en defensa.
O partido foi tan desigual que nin sequera necesitou o Cisne defender con intensidade, como o proba o feito de sufrir unha soa exclusión, para anotarse os dous puntos e manter a loita cun Seis do Nadal que tampouco afrouxa.
BM ARTABRO NOVO MESOIRO (20): Canosa, Ferreira; Iago (1), Catoira (2), Celso, Sotelo (1), Seijo (1), Aguión (5), Uxío (3), Iván Prieto (1), Ígor Dacosta (2), Antón Rodríguez (2), España e Bouza (2).
BM CISNE (37): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira (2), Edu Covelo, Álex Chan (6), Pablo Picallo (4), Andrés Sánchez (6), Miguel Simón, Javi Vázquez (8), Carlos Rodríguez (2), Pablo Vidal (5), Pablo Rey (3) e Pepe Camiña (1).
Árbitros: Daniel Portela Fernández e Martín Rodríguez Mondelo (Galicia). Excluíron por dous minutos a España, polos locais, e Miguel Simón, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 0-0, 3-4, 4-7, 4-9, 6-14, 8-17 (descanso), 8-20, 10-23, 13-26, 15-30, 17-32 e 20-37 (final).
Incidencias: Pabellón Municipal Novo Mesoiro (A Coruña). 100 espectadores.