Iniciativa e vitoria solvente do BM Pontevedra (33-26) sobre o Luceros
Por Redacción
Ángel Soliño na primeira parte e Alberto Santiago na segunda, foron os brazos executores dun serio BM Pontevedra que superou con autoridade a un Luceiros que llo puxo dificil por momentos, pero que rematou rendido nuns últimos 20 minutos de partido no que os de Ramón Pazos se mostraron moi superiores.
Comezo de partido nivelado e lixeira vantaxe a partir do minuto 15 para os locais, que deixaron escapar para marchar ao descanso cun marcador apertado. Na reanudación tomarían unha renda de tres goles que souberon administrar ata pegar o estirón e rematar gañando con xustiza para situarse nunha posición cómoda na táboa.
BM PONTEVEDRA (33): Santi Picallo, David Lagoa; Ansias, Pablo Vázquez (4), Fernando Rey (2), Santi Calvo, Álex Pombo (2), Alberto Santiago (9), Iago Rodríguez, Soliño (9), Igrexas (4), Gonzalo García (3) e Gonzalo Eloy.
LUCEROS (26): Salazar, Anxo Dopazo; Menduiña (5), Daniel Gómez (1), Abal, Soage (1), Barreiro, Javier Rial, Joel (5), Serra, Trigo (5), Manuel Ángel Iglesias (6), Camiña e Pablo Castro (3).
Árbitros: Santiago Piñera Fombona e Juan Cuesta Miyares (Asturias). Excluíron por dous minutos a Santi Calvo (2), Alberto Santiago e Gonzalo Eloy (2), polos locais, e a Menduiña, Daniel Gómez, Trigo (2) e Pablo Castro, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 4-4, 7-6, 12-8, 14-10, 16-15 (descanso), 20-17, 22-19, 24-21, 26-21, 29-23 e 33-26 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra). Uns 100 espectadores.