Picada do BM Pontevedra (26-25) na súa visita ao viceúltimo Granitos Ibéricos
Por Redacción
Saltou á sorpresa no Pavillón de Carballal. Os locais, que tan só gañaran un partido ata o momento, impuxéronse a un BM Pontevedra que estivo lonxe do seu mellor nivel.
Os pontevedreses levaron a iniciativa ata mediado o primeiro período, chegando a dispoñer dunha máxima renda de tres goles, pero a partir de aí o conxunto local tomou as rendas ata alcanzar unha diferenza favorable de catro goles ao pouco de comezar a segunda metade.
Reaccionaron os homes de Ramón Pazos que mesmo se puxeron por diante novamente (21-22) a falta de sete minutos, pero non lograron darlle continuidade ao seu xogo e o Granitos Ibéricos, máis necesitado de puntuar, marcaba o 26-25 a falta de 40 segundos. Ramón Pazos pediu tempo morto para preparar xogada, pero os locais aguantaron a base de multiplicar esforzos defensivos, a custa de sufrir dúas exclusións nos últimos segundos, logrando dous importantes puntos que lle permiten saír dos postos de descenso.
GRANITOS IBÿRICOS (26): Pedro Ramírez, Jorge Ramírez; David Álvarez, Juan Araújo, Abel Carreira, Jorge Castro (1), Jacobo Coello (3), Ismael Lago (2), Hugo López, Diego Mouriño (2), Pablo Pérez (1), Joaquín Rodríguez (10), Daniel Román (4) e Héctor Soage (3).
BM PONTEVEDRA (25): Santi Picallo, Ángel Noya, David Lagoa; Ansias (1), Santi Calvo (1), Gonzalo García (2), Jaime Iglesias (2), Álex Pombo (7), Fernando Rey (1), Iago Rodríguez (2), Alberto Santiago, Ángel Soliño (2), Javier Suárez (2) e Pablo Vázquez (5).
Árbitros: Fernando López Fernández e David Aja García (Cantabria). Excluíron por dous minutos a Juan Araújo, Abel Carreira e Jacobo Coello, polos locais, e a Fernando Rey (2), polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 3-3, 5-7, 8-9, 10-9, 12-11, 16-13 (descanso), 18-15, 19-17, 20-19, 21-21, 23-23 e 26-25 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Carballal (Vigo). Uns 100 espectadores.
Relacionadas:
-
BM Pontevedra empeza mal pero resolve fronte ao Lavadores (30-25) no segundo tempo
Por Redacción |
-
Remontada insuficiente do BM Pontevedra que cede (26-27) ante a SAR
Por Redacción |
-
BM Pontevedra sentencia ao Promens Cañiza (29-33) na recta final
Por Redacción |
-
O Cisne leva na segunda parte un disputado derbi (29-26) ante o BM Pontevedra
Por Ramiro Espiño |