Chegar aos 1.000 socios, obxectivo do Teucro nunha campaña de abonados que mantén os prezos
Por Diego Espiño
Cos mesmos prezos da pasada tempada pero cunha meta ambiciosa, a Sociedad Deportiva Teucro deu a coñecer a campaña de socios 2014/2015, na que aspiran a superar a cifra dos 1.000 abonados.
O pasado curso o equipo azul, cos seus preto de 750 socios, foi o segundo club da División de Honra Prata en asistencia media aos seus partidos, só superado polo Handbol Bordils.
Agora, na tempada na que o Teucro cumprirá 70 anos de historia, "esperamos recuperar al menos 250 socios", recoñece o presidente Carlos García-Alén, "no sólo por el aporte económico que supone, también de cara a posibles patrocinadores".
A campaña de socios presentouse este venres no Pavillón Municipal dos Deportes baixo o lema "25.000 días de balonmán, e seguimos. Abónate e fai historia co Teucro".
Os prezos para as diferentes categorías son:
CATEGORÍA | PRECIO |
Protector | 300 |
Familiar | 200 |
Senior | 110 |
Peñas | 100 |
Bonificado | 60 |
Estudiante | 50 |
Juvenil | 30 |
Infantil | 15 |
Todos os socios que paguen o seu abono antes do 31 de agosto recibirán un desconto do 5%, que se empliará ao 20% se se consegue un novo abonado. Ademais durante a tempada os socios do club gozarán de descontos e promocións nos establecementos dos patrocinadores, unhas vantaxes que se coñecerán no mes de setembro.
Durante agosto o horario de atención ao público nas oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes, será de 10:00 a 12:00 horas, pero os interesados en retirar o seu carné poderán encargalo por teléfono chamando o 986 85 16 96.
Relacionadas:
-
O Teucro supera xa a cifra de socios da pasada tempada
Por Redacción |
-
VIDEO.- 'Juega con nosotros', o Teucro busca apoios á súa campaña de socios
Por Redacción |
-
A metade dos socios do Teucro xa retiraron o seu carné
Por Redacción |
-
O Teucro estréase este sábado 16 na Copa de Galicia contra o Balonmano Pontevedra
Por Redacción |
-
ABC Braga e Calvo Xiria, rivais do Teucro nun triangular que servirá de presentación do equipo
Por Redacción |
-
Ricardo Amérigo: "Estoy contento de estar en un equipo con tanto nombre como el Teucro"
Por Redacción |
-
Chapela, último reforzo teucrista: "Llegaré a tope al inicio de temporada"
Por Redacción |
-
Ilusión e ganas no arranque dos adestramentos para o Teucro
Por Diego Espiño |