Ricardo Amérigo: "Estoy contento de estar en un equipo con tanto nombre como el Teucro"
Por Redacción
A pesar de que a súa fichaxe se confirmou hai semanas e que xa comezou os adestramentos co equipo a pasada semana, o Teucro presentou de xeito oficial á súa última incorporación, o gardameta Ricardo Amérigo.
Procedente do Vila de Aranda e con experiencia na Liga Asobal, Amérigo chega a Pontevedra para facerse un oco na portaría do equipo adestrado por Quique Domínguez, técnico que confía en "que aporte su experiencia" a un grupo novo.
O gardameta asegura sentirse "ilusionado" de formar parte do novo poyecto azul e "contento de estar en un equipo con tanto nombre como el Teucro".
Con 28 anos Ricardo Amérigo será o segundo xogador máis veterano do equipo, pero este aspecto agrádalle: "me gusta que sea un grupo joven, creo que es un punto a favor".
Quique Domínguez, presente no acto, resaltou que Amérigo "destaca por su capacidad física" e se encontra "en esa edad en la que los porteros alcanzan la madurez".
Relacionadas:
-
ABC Braga e Calvo Xiria, rivais do Teucro nun triangular que servirá de presentación do equipo
Por Redacción |
-
Chegar aos 1.000 socios, obxectivo do Teucro nunha campaña de abonados que mantén os prezos
Por Diego Espiño |
-
Chapela, último reforzo teucrista: "Llegaré a tope al inicio de temporada"
Por Redacción |
-
Ilusión e ganas no arranque dos adestramentos para o Teucro
Por Diego Espiño |