Chapela, último reforzo teucrista: "Llegaré a tope al inicio de temporada"
Por Redacción
A pretempada empezou con boas noticias para a Sociedad Deportiva Teucro. Despois dos primeiros días de adestramento, Quique Domínguez puido comprobar como David Chapela se exercita ao mesmo ritmo que os seus compañeiros tras superar a lesión que o afastou das canchas dende principio de ano.
O central, que se operou o mes de febreiro do seu ombro dereito, móstrase recuperado e con ganas de gañar un posto na rotación do técnico.
David Chapela: "Espero ayudar mucho al equipo y estar al nivel de cuando me lesioné"
Aínda que con algunha precaución, Chapela se adestra con confianza: "Aún tengo alguna molestia pero está dentro de la normalidad. Sigo recuperándome como esperábamos".
O pontevedrés está chamado a ser un dos home importantes do equipo na División de Honra Prata, unha liga que espera gozar dende o primeiro día: "Llegaré a tope al inicio de temporada, para eso estoy trabajando duro. Espero ayudar mucho al equipo y estar al nivel de cuando me lesioné", recoñeceu o xogador nunhas declaracións recollidas polo club azul.
David Chapela explicou ademais que a súa adaptación aos adestramentos está a ser boa "porque estos últimos meses no he parado de entrenar. No lo hacía a la intesidad de ahora pero durante el verano y los meses previos he estado trabajando para recuperarme lo antes posible".
A recuperación do central é unha das mellores 'fichaxes' do equipo teucrista para a tempada que está a piques de comezar.