ABC Braga e Calvo Xiria, rivais do Teucro nun triangular que servirá de presentación do equipo
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro xa ten data para presentar o seu novo proxecto ante a súa afección. Será o mércores 27 de agosto cun torneo triangular.
Tras os compromisos de Copa Galicia, esta cita será o primeiro compromiso de pretempada dos azuis no Pavillón Municipal dos Deportes.
Trátase do ABC Braga portugués e do Calvo Xiria de Carballo, dous rivais que poñerán a proba os de Quique Domínguez 17 días antes do inicio da División de Honra Prata.
O Braga foi terceiro a pasada campaña na competición lusa, mentres o conxunto carballés militou na Primeira Nacional, quedando a un paso do ascenso de categoría.
A entrada ao triangular será de balde para o público.
Relacionadas:
-
O Teucro avanza a semifinais da Copa Galicia tras vencer o Xiria (19-27)
Por Redacción |
-
Xornada de ximnasio e pádel para un Teucro que espera rival na Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Teucro baixa á area para gozar dunha xornada diferente na Illa
Por Redacción |
-
Chegar aos 1.000 socios, obxectivo do Teucro nunha campaña de abonados que mantén os prezos
Por Diego Espiño |
-
Ricardo Amérigo: "Estoy contento de estar en un equipo con tanto nombre como el Teucro"
Por Redacción |