![Perfecto Rodríguez](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e55/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DE1AC_/_Il61oA_/563e6e4bcf-image.jpeg)
Pontevedra Viva!
![](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e55/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSwUipKLc6sStUxtDBQsq_/_4FAA==_/563e6e4bcf-image.jpeg)
Perfecto Rodríguez
Nado en Ponte Caldelas o 12 de febreiro de 1969.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en Urbanismo, foi asesor xurídico de Xestur-Pontevedra (1998-2003). É concelleiro do PPdeG en Ponte Caldelas dende 1995.
Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo neste concello desde 1999, asumindo a alcaldía en funcións en febreiro de 2002.
Alcalde de Ponte Caldelas desde o 25 de maio do 2003 ata maio de 2015. Actuou como vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) desde 2007 ata 2011 para ser despois membro da súa Comisión Executiva.
En novembro de 2015 é nomeado xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.