Pontevedra Viva!

Luis Bará



Luís Bará Torres (Vilaboa, 1965)

Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Exerceu a docencia desde o ano 1988 como profesor de Lingua e Literatura Galega. Publicou, xunto con Manuel Lourenzo González, catro libros de didáctica da lingua.

Formou parte do primeiro equipo de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores en 1999. Abandonou o Concello cando foi nomeado, en 2005, director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura, polo goberno bipartito da Xunta, reincorporándose o pasado mandato ao Concello.

Actualmente é Concelleiro de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico polo BNG, no Concello de Pontevedra.