Pontevedra Viva!

Alba Sotelo

Formo parte da promoción 2006-2010 da Licenciatura en Comunicación Audiovisual e da primeira promoción do Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais, ambos pola Universidade de Vigo. No campo laboral, traballei como guionista, cámara e montadora para diversos entes e produtoras como Celta Producciones S.L., CRTVG e Artemática S.L. Ademais de adaptarme en modo 'todoterreo' no mundo audiovisual, descubrín a miña vocación como fotoperiodista traballando durante máis de tres anos para Diario de Pontevedra e outros medios/entes. Esta paixón levoume a colaborar en proxectos humanitarios coa ONG galega Agareso, coa que viaxei ao Salvador para realizar un proxecto documental e recentemente viaxei a Xeorxia para a realización dun curso de temática social.

Todos temos unha maneira de enfrontarnos á vida, a miña é encadrando, disparando e narrando.

www.albasotelo.com

Instagram: @alba_sotelo