25N | 'Vilaboa sen violencia', o berro do alumnado do CRA
Por Redacción
O alumnado do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Vilaboa sumouse este venres ao berro unánime desde 25N contra a violencia machista.
No día previo ao 25 de novembro, Día Mundial para a eliminación da violencia contra a muller, o alumnado e o seu profesorado acudiu ao Café Moderno de Pontevedra para visitar a exposición 'Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo'.
Con motivo desta visita, as nenas e nenos das cinco escolas do CRA despregaron carteis e pancartas na praza de San Xosé e berraron xuntos contra a violencia de xénero: 'Vilaboa sen violencia'.
As nenas e nenos das escolas de Barciela, Bértola, Figueirido, Paredes e Pousada elaboraron os carteis coas súas mestras reflexionando e elixindo cada elemento gráfico e textual, de maneira que xa a preparación previa do material serviu para a concienciación do alumnado contra a violencia machista.
Relacionadas:
-
25N | As institucións únense á loita por "acadar unha provincia que vaia a máis no que todos queremos: en igualdade"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
25N | Concentración en Bueu en repulsa aos asasinatos machistas: "Todas e todos podemos facer algo contra a violencia"
Por Redacción |
-
Que fan eses zapatos vermellos no Paseo de Baltar?
Por Redacción |
-
A violencia xineco-obstétrica, eixo da loita de 'Mulleres diversas' este 25N
Por Redacción |
-
Vilaboa reclamará este 25N máis atención á violencia machista contra as mulleres maiores
Por Redacción |
-
O 25N conmemórase na Lama traballando cos escolares sobre violencia machista e igualdade
Por Redacción |
-
"Para as vítimas, desgraciadamente, chegamos tarde. Cada unha delas é un gran fracaso colectivo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un faladoiro sobre a muller no deporte, punto de partida do 25N en Soutomaior
Por Redacción |
-
Zahara e Martí Perarnau IV: "Con Juno non facemos caso a nada. É un refuxio para facer cancións desde a liberdade"
Por Alejandro Espiño |