Que fan eses zapatos vermellos no Paseo de Baltar?
Por Redacción
O alumnado do IES de Sanxenxo sacou este ano á rúa a actividade prevista para o 25N, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Co obxectivo de visibilizar ás vítimas e tomando como referencia a intervención artística ideada en 2009 pola artista mexicana Elena Chauvet, o alumnado encheu con máis dun centenar de zapatos vermellos de varios tipos e tallas, algúns infantís, o tramo final do Paseo de Baltar cun cartel explicativo.
"Trátase dunha actividade transversal do centro que busca unha reflexión e que simboliza a loita contra a violencia machista. Fomos recollendo zapatos no instituto e pintándoos de vermello nos tempos libres. Colaborou todo o centro e este é o resultado que agardamos se manteña durante toda a fin de semana", asegura Xosé Iglesias, profesor de lingua galega.
A concelleira de Educación, Nati Parada, acompañou á comunidade educativa na montaxe da exposición dos zapatos e entregoulles material promocional do CIM como agradecemento polo traballo.
A concelleira aproveitou para convidarlles a asistir o vindeiro sábado ao acto do 25N que terá lugar no Pazo de Emilia Pardo Bazán, ás 19 horas.
Durante o acto emitirase unha proxección fotográfica e musical contra a violencia de xénero na que participan de forma activa as asociacións de mulleres de Sanxenxo, o taller de memoria e a Banda de Música de Sanxenxo.
A psicóloga e autora do libro “Que sexa amor do bo”, veciña de Dorrón, Marta Martínez Novoa, encargarase da lectura do manifesto. Durante o acto presentarase tamén o punto violeta do Concello de Sanxenxo. Repartirase material de sensibilización e prevención entre o público.
PAVILLÓN DE VILALONGA
Por outra banda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Obras e Servizos, Yago Torres, visitaron as obras de reforma do pavillón de Vilalonga e informaron que estes traballos avanzan a bo ritmo.
Debido ao mal tempo rexistrado nas últimas semanas e as condicións do terreo, a actuación concentrouse no interior co pintado das cerchas, a colocación da nova varanda nas bancadas e as demolicións para a ampliación do ximnasio.
Relacionadas:
-
Os centros educativos de Sanxenxo conmemorarán o Día da Muller e da Nena na Ciencia
Por Redacción |
-
90 mulleres foron atendidas no Centro de Información á Muller de Sanxenxo nos primeiros dez meses do ano
Por Redacción |
-
25N | O alumnado do CEIP San Xoán Bautista concéntrase en repulsa da violencia de xénero
Por Redacción |
-
25N | Concentración en Bueu en repulsa aos asasinatos machistas: "Todas e todos podemos facer algo contra a violencia"
Por Redacción |
-
25N | 'Vilaboa sen violencia', o berro do alumnado do CRA
Por Redacción |
-
Sanxenxo conmemorará o 25N con fútbol, un audiovisual e a presentación do punto violeta
Por Redacción |
-
Organizan unha xornada formativa de educación afectiva sexual destinada a familias de Sanxenxo con adolescentes
Por Redacción |
-
Os equipos deportivos de Sanxenxo lucirán brazaletes violetas contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Sanxenxo estreará este 25-N un Punto Violeta contra as agresións sexuais e a violencia machista
Por Redacción |