Unha pista de xeo na Praza de España, principal novidade no programa de Nadal
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot
Unha pista de xeo, unha tirolesa e un gran tobogán será un dos principais atractivos da programación de nadal que este venres anunciaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, con Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica, e Demetrio Gómez, concelleiro de Festas.
Estes elementos de diversión permanecerán do 6 de decembro ao 2 de xaneiro instalados na praza de España e a Alameda dentro da proposta denominada 'Bosques dos xogos', que contempla unha carpa para cubrir a pista de xeo. A entrada para utilizala será gratuíta presentando un ticket por persoa de compra do comercio local.
Precisamente, Fernández Lores destacaba que a programación se ofrece como "renovada" e "diferente", ademais de sumar a máis de 2.000 persoas e 50 empresas que contribuén na organización de actividades. "Queremos que se implique toda a cidadanía" coa idea de que a poboación adquira todos os agasallos destas festas no comercio local e "repercuta na cidade".
Van repartirse 27.000 programas elaborados coa imaxe dunha bóla de cartón extraíble para colgar no árbore de Nadal.
Na praza da Ferrería vai desenvolverse un 'Poboado de Nadal', que permanecerá aberto desde o 5 de decembro ao 5 de xaneiro, creado en colaboración coa Zona Monumental, coa presenza do mercado de artesanía con 26 casetas.
Ao mesmo tempo vai poñerse en marcha un mercado creativo con concertos e accións para todas as idades no Mercado de Abastos, entre as que destaca unha festa de fin de ano matinal para escolares o 31 de decembro, ademais de catas de viño e de cervexa para adultos. Ademais, neste espazo manteranse os obradoiros do Ganapán.
O Recinto Feiral acollerá actividades a cuberto dentro de 'Nadal Xogos', un programa que se porá en marcha desde o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro con xogos tradicionais, contacontos e outras actividades para o público infantil.
Estas festas porase en marcha 'Merca no Barrio', unha programación nos barrios con comercio como é o caso da Rúa Oliva, Cruz Vermella, centro histórico, Virxe do Camiño, barrio do Burgo, Frei Xoán de Navarrete, praza da Audiencia ou o barrio de Monte Porreiro, entre outros.
Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica, explicou que este ano non haberá concurso de escaparates, motivado por un "cambio de enfoque" ao realizar un "esforzo por marcar un itinerario" en distintos puntos con actividade comercial na cidade.
Lores recoñecía que, entre todas as accións nas rúas, lle fai "moitísima ilusión" a colaboración dos escolares dos barrios da Parda e San Antoniño contribuíndo na decoración destos espazos.
Demetrio Gómez destacou o acto previsto de inauguración da iluminación de Nadal o 5 de decembro coa actuación do Coro da Xunqueira na Ferrería, "un proxecto escolar que se desenvolve en Pontevedra con recoñecemento internacional". Indicou que haberá unha gran árbore na Praza de España e decoración lumínica no centro histórico, en colaboración con zona Monumental, e en distintas zonas da cidade, coa aportación de AEMPE.
CONCERTOS
Non faltarán á cita habitual destas datas, a Banda de Música de Salcedo co seu Concerto de Nadal, previsto para o 23 de decembro, nin a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra co 'Concerto de Aninovo', do 1 de xaneiro ás 19.30 horas. Ámbolos se celebrarán no Auditorio do Pazo da Cultura, onde tamén está previsto un concerto do coro da Universidade de Vigo, o 13 de decembro; un concerto da Orquestra Xove da Sinfónica de Pontevedra e Xove Orquestra Terra Nova de Lugo, o 16 de decembro; ademais dun recital organizado polo Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, o 21 de decembro.
O Teatro Principal acollerá concertos de Panxoliñas os días 8 e 9 de decembro, mentres que o 22 do mesmo mes actuará Música Quartet Vivancos. O Concerto de Reis, a cargo do Seminario Permanente de Jazz chegará o domingo 7 de xaneiro.
Os centros culturais de todas as parroquias presentarán diferentes accións culturais con sesións de contacontos, maxia, teatro ou música a cargo da Banda de Música de Pontevedra.
A recepción dos Reis Magos será finalmente no Pazo de Mugartegui porque non está garantido que para esa data o ascensor da casa consistorial da Praza de España, que se atopa en reformas, poida entrar en funcionamento para garantir o acceso de persoas con discapacidade.
Toda a programación para o Nadal 2023 está dispoñible nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Éxito do Concerto de Aninovo, coas entradas esgotadas e unha lección da Filharmónica cos poemas galegos de Lorca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nadal Xogos e a carpa de xogos da Alameda entran en escena na programación festiva da Boa Vila
Por Redacción |
-
Historias teatralizadas colorearán o concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo
Por Redacción |
-
Semana de contos na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Apertura do prazo para solicitar un posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Conta atrás para iluminar o Nadal pontevedrés
Por Redacción |
-
A Orquesta Clásica de Vigo dará o Concerto de Nadal da Universidade no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Pontevedra comeza a engalanarse para iluminar o seu Nadal
Por Redacción |
-
O reto de Boa Vida: conseguir máis de 6.000 xoguetes usados en bo estado
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
As obras de reforma da casa consistorial estarán finalizadas o 20 de xaneiro, na celebración de San Sebastián
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"O ano pasado quedamos sen luces de Nadal e este ano sen Pontedetapas", lamenta o PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
O Nadal de Pontevedra incluirá un gran mercado na Ferraría e unha campaña de apoio ao comercio local
Por Redacción |
-
A iluminación de Nadal en Pontevedra regresa á súa data habitual de acendido, o 5 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
O PP quere que o orzamento para o Nadal suba ata os 600.000 euros e que Lores non actúe como un "grinch"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello de Pontevedra saca a contratación a iluminación do Nadal sen aclarar o día do aceso
Por Oskar Viéitez |