Comezan a formigonar a nova pasarela de metal sobre o Gafos na rúa Tablada
Por Mónica Patxot & Redacción
Este xoves formigonábase a nova pasarela de metal instalada entre a Rúa Tablada e Rosalía de Castro, un traballo que obriga a pechar o tránsito peonil nesta contorna.
Ao longo da semana está a demolerse a antiga pasarela peonil de baldosas.
Segundo o plan de obra que manexa o Concello de Pontevedra a anterior pasarela será retirada o vindeiro luns día 20 de novembro.
A nova estrutura metálica non poderá abrirse ata que quede totalmente fraguada. Desde o Concello agradécese á veciñanza a colaboración con estes traballos xa que se impide o paso cara a Rosalía de Castro e á inversa, o atoparse este acceso pechado. Por tanto, o paso peonil debe realizarse por Gagos de Mendoza.
A intervención está pendente da instalación dunha escaleira que permita o acceso cara á contorna do río. Establecerase no lugar que actualmente ocupa a pasarela peonil que se demolerá. Tamén está prevista a plantación de diversas especies que melloren a paisaxe.
Este proxecto realízase pola empresa COVSA cun orzamento de 495.866 euros, financiado por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que supoñen o 80% dos proxectos integrados na Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible (EDUSI).
SONDAXES PARA ESTUDAR O DESTAPE DO GAFOS
Tamén este xoves iniciouse o estudo xeotécnico para coñecer o estado en que permanece o subsolo da zona do río dos Gafos para analizar as posibilidades de deixar aberto o leito na contorna de Campolongo.
As primeiras accións desenvolvéronse na praza da Constitución, nas proximidades de la iglesia de San Xosé. Durante os próximos días realizaranse dez sondaxes.
Os técnicos tomarán cinco mostras inalteradas nas que se realizarán ensaios de laboratorio sobre os materiais do subsolo e, desta forma, determinar a resistencia do terreo.
A intención do goberno local, segundo manifestou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, é destapar o río Gafos pero alertou de que non se realizará ningunha actuación sen garantías suficientes para os edificios de Campolongo, entre os que se atopa o colexio.
Relacionadas:
-
A nova zona de estancia no Gafos, entre Rosalía de Castro e Tablada, abrirá "nunha semana ou dez días"
Por Alejandro Espiño |
-
A renaturalización do Gafos irá "moito máis aló" que destapar a cuberta do río
Por Alejandro Espiño |
-
Inician a reparación do muro de contención do río Gafos entre a avenida da Estación e Ponte Boleira
Por Redacción |
-
Aberta a ponte do Gafos para conectar a senda fluvial con Josefina Arruti
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Mosquera, sobre o destape do Gafos: "Eu creo que é viable, outra cousa é como"
Por Alejandro Espiño |
-
A primeiros de decembro haberá datos das catas sobre o substrato do río Gafos para estudar o destape
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Así foi a instalación da nova pasarela metálica sobre o río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Peche da rúa Rosalía de Castro para instalar a pasarela metálica sobre o Gafos
Por Redacción |
-
Conta atrás para destapar o río Gafos entre Xeneral Rubín e Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño |